26/10/2025
📍 Lectores e amantes da cultura e do macabro, este mércores 29 ás 19:30h temos unha cita para todos!! *É necesaria inscrición previa*
🕯A Asociación Cultural Alexandre Bóveda acollerá a Iria-Friné Rivera Vázquez ca súa palestra "Un ollo de vidro. A maxia de Castelao na evocación do Sobrenatural". Un coloquio no que exploraremos a estética e as ideas tras este relato de Castelao ligado ao gótico e ao Romanticismo Negro. Veremos as súas influencias anteriores e posteriores, e como marcou o xeito en que representamos o macabro nas artes.
📚 Dende a Libraría Nobel da Coruña, achegarémonos a este interesante evento para proporcionarvos non só o propio "Ollo de Vidro", senón tamén as dúas publicacións de Iria-Friné e algúns dos títulos que se mencionarán na palestra, moi unidos a esta temática escura tan ligada ao Samaín.
Achegádevos tamén e desfrutade connosco deste espacio cultural!! Nesta ligazón atoparedes o formulario de inscrición para o evento: https://acalexandreboveda.gal/event/maxia-de-castelao-na-evocacion-do-sobrenatural