30/08/2026
BUEU está a tope de actividades culturais durante todo o ano. Penso que Librería Miranda ten algo que ver nesta realidade, penso que sería falsa modestia pola nosa parte non recoñecelo así.
Hoxe queremos dar as GRAZAS a unha parte fundamental á hora de conseguir que os nosos eventos tiveran unha gran afluencia de xente: a hostalería do noso Pobo.
O DESINTERESADO apoio dunha grande parte da nosa hostalería cedendo espazo para os nosos carteis merece o recoñecemento pola nosa parte.
GRAZAS por acompañarnos neste traxecto. Non vos etiquetamos porque sodes tantas que tememos deixar a xente atrás.
OGALLÁ poidamos seguir despois deste parón.
Vémonos o xoves 3 de setembro.
Non nos cansaremos de decírvolo: GRAZAS!