27/05/2026
“A distancia do século” de Anxel Huete en Wells.
O artista afincado en Domaio, un referente da pintura abstracta en Galicia, presenta o seu primeiro poemario o xoves 28 de maio ás 19:30 horas. Un acto no que vai a estar acompañado por Pepe Cáccamo, autor do limiar.
Anxel Huete ten unha longa traxectoria no mundo das artes plásticas. Estudou en Barcelona e Berlín, residiu en Nova York e foi un dos impulsores do grupo Atlántica, un movimento que dinamizou o panorama artístico galego dos anos 80. A súa obra, fundamental para saber que pasou na arte galega dos últimos cincuenta anos, pódese atopar na colección do CGAC, nos fondos Fundación Abanca ou no Museo de Belas Artes da Coruña.
Con oitenta e dous anos o creador afincado en Domaio segue traballando e explorando outras formas de expresión. Hai uns meses publicou o seu primeiro poemario, “A distancia do século” (Galaxia, 2026), no que fai un percorrido pola memoria e fala da experiencia do presente, dos seus referentes e das descobertas que marcaron a súa vida. Un acontecimento. Porque a perspectiva de Huete non é unha perspectiva calqueira. Como di Pepe Cáccamo, demostra que ten unha voz propia e o seu estilo é singular, cunha verbalización elegante e suxestiva.