OZOCOgz

OZOCOgz OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con ident En OZOCOgz tamén deseñamos para ti! con toque OZOCOgz.

Cartaces, camisolas e/ou outras prendas, obxectos personalizados (folletos, chapas, vasos ecolóxicos.) para a túa empresa ou evento (concertos, xornadas temáticas.) Se queres dar un toque diferente, se queres facer unhas camisolas para agasallar á clientela ou organizar unha festa, concerto, etc, aquí tes unha solución diferente. Podemos facer o teu deseño baseándonos nalgunha foto, logotipo ou imaxe que prefiras. Podes encargarnos só o deseño ou deseño máis prendas xa rematadas.

11/09/2026
Literalmente catro fotiños da presentación de «Polo avieiro de dona Emilia» en Ribadavia, no MUSEO ETNOLOXICO.Na primeir...
11/09/2026

Literalmente catro fotiños da presentación de «Polo avieiro de dona Emilia» en Ribadavia, no MUSEO ETNOLOXICO.
Na primeira foto (excluíndome a min), e de esquerda a dereita os protagonistas, o historiador Anxo Collarte, o autor e tamén historiador, Carlos Méixome e a directora do Museo Etnolóxico, Pilar Núñez, sempre disposta a colaborar en canta iniciativa cultural lle propoñemos.

Grazas!!

Fíxose de rogar!!!Tiñamos previsto telo á venda o Día da Patria, despois o 12 de agosto, e até hoxe non foi posíbel. Vel...
11/09/2026

Fíxose de rogar!!!
Tiñamos previsto telo á venda o Día da Patria, despois o 12 de agosto, e até hoxe non foi posíbel. Velaquí o último caderno dedicado a persoeiros importantes da Galiza, o caderno de Moncho Reboiras.
Agora si, sen fallo, témolo nas nosas mans, xa dispoñíbel na tenda ozoqueira do Carballiño e en ozocogz-atenda.com


UPG
Fundación Moncho Reboiras

Onte (10/9/26) tocou coñecer moitas cousas da vida e obra do xenial escritor ourensán Eduardo Blanco Amor con Éric Dopaz...
11/09/2026

Onte (10/9/26) tocou coñecer moitas cousas da vida e obra do xenial escritor ourensán Eduardo Blanco Amor con Éric Dopazo.
Unha biografía, nun principio, escrita para crianzas da que podemos aprender tod@s.
Obrigados con Éric por esta obra e con quen tivestes a curiosidade e as ganas de acompañarnos máis unha vez.


Xa está aquí!!!!!!A nova de Miguel Anxo Fernández, a nova do super detective 🕵️‍♀️ Frank Soutelo, 🕵️‍♀️❓🌷👩‍🦰 «Buscando a...
10/09/2026

Xa está aquí!!!!!!
A nova de Miguel Anxo Fernández, a nova do super detective 🕵️‍♀️ Frank Soutelo, 🕵️‍♀️❓🌷👩‍🦰 «Buscando a Dalia».
Na foto diante dunha casa que vai ter moito protagonismo na novela. Non se pode adiantar máis, se queres saber xa sabes onde atopar as respostas.
Tamén na nosa loxa en liña ozocogz-atenda.com


Onte retomamos no espazo ozoqueiro as aulas de pandeireta co mestre Isidro Vidal con tres grupos, un de iniciación e o o...
09/09/2026

Onte retomamos no espazo ozoqueiro as aulas de pandeireta co mestre Isidro Vidal con tres grupos, un de iniciación e o outro coas pandeireteiras (as ozocoreteiras) que comezaron hai un ano.

Libros que nos encantan 🤩😍 e que -nun par de días- podes atopar en OZOCOgz. Desta volta un 📖 libro dos máis 😻agardados p...
08/09/2026

Libros que nos encantan 🤩😍 e que -nun par de días- podes atopar en OZOCOgz.
Desta volta un 📖 libro dos máis 😻agardados polo que se fixo de esperar.
En breve, brevísimo, dispoñíbel a nova de Miguel Anxo Fernández, a nova de Frank Soutelo, 🕵️‍♀️❓🌸«Buscando a Dalia», novas aventuras do xenial detective, desta volta con misterio na propia vila do Carballiño.
Por certo, se es carballiñés ou carballiñesa, ben seguro que coñeces a 🏠casa da portada, está ben pretiño de OZOCOgz, decátaste?
Só por reservar o teu exemplar onda nós levarás un pequeno galano.



Falamos de Libros

07/09/2026

Dirección

Curros Enríquez, 29
Carballino
32500

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Martes 10:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Miércoles 10:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Jueves 10:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Viernes 10:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Sábado 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando OZOCOgz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir