CCA Carballo

CCA Carballo Centro Comercial Aberto de Carballo
R/ Fomento 21-23, 1º 15100 CARBALLO. T 625 276 762
[email protected]
www.ccacarballo.com

  🚶🛍| Se hai un nome ligado á historia das dúas rodas en Carballo, ese é  . Socio fundador do CCA e con máis de sete déc...
28/09/2026

🚶🛍| Se hai un nome ligado á historia das dúas rodas en Carballo, ese é . Socio fundador do CCA e con máis de sete décadas de traxectoria, este negocio familiar converteuse nun referente para xeracións de afeccionados ás bicicletas, ciclomotores e motocicletas.

Á fronte está Fernando “Vitolo”, todo un experto no sector, que mantén viva unha forma de entender o comercio baseada na experiencia, o asesoramento próximo e a confianza. Porque aquí non se trata só de vender: trátase de escoitar, recomendar e atopar a opción que mellor encaixa con cada persoa.

🏍️ Motos e ciclomotores| 🚲 Bicicletas infantís, MTB, BMX e de estrada |🔧 Taller propio para mantemento e reparación | 🛠️ Recambios, accesorios e complementos

Unha oferta ampla para particulares e profesionais, sempre acompañada dun servizo técnico especializado e da garantía que dan tantos anos de experiencia.

📍 Se es das dúas rodas —ou estás pensando en subirte a elas—, fai unha parada en Motos Vitolo porque despois de 70 anos... seguen tendo moito camiño por diante.

28/09/2026

🗣️🍀| Xa coñecemos os nomes das cinco persoas gañadoras do sorteo da campaña de A Voltas co Cole. Son os seguintes: Raquel Rosende Pereira, Sasha Castagnin, Verónica Fernández, Lorena Lema Busto e Beatriz González Vieites. Moitísimos parabéns a todas!!! 👏👏

Nos vindeiros días contactaremos coas afortunadas para facer entrega desas cinco tabletas de 10" que vimos de sortear.

Moitas grazas a todas as persoas que participastes e nos acompañastes na segunda edición deste divertido xogo familar e grazas, sobre todo, por seguir apostando e confiando no comercio local para as vosas compras.

Xunta de Galicia Comercio galego Deputación da Coruña Concello de Carballo

📦💻 CHEGA O GRAN SORTEO DE A VOLTAS CO COLE! 🎉🎉 Mañá, venres 25, ás 21.00 h, temos unha cita moi especial no Instagram do...
24/09/2026

📦💻 CHEGA O GRAN SORTEO DE A VOLTAS CO COLE! 🎉🎉

Mañá, venres 25, ás 21.00 h, temos unha cita moi especial no Instagram do CCA Carballo. 📱

Conectarémonos en directo para descubrir a identidade das 5 persoas afortunadas que conseguiron facer pleno absoluto no noso panel e que, despois de darlle tantas voltas ao cole, poden levar para a casa unha das 5 tabletas que sorteamos nesta segunda edición da campaña. 🎁

Quen serán as persoas premiadas? A emoción está servida e queremos compartila con todos e todas vós! Agardámosvos a todos e todas! Non faltedes, que mañá descubrimos quen volve á rutina escolar cun agasallo tecnolóxico baixo o brazo! 💻

Xunta de Galicia Comercio galego Deputación da Coruña Concello de Carballo

  🚶🛍📲| Canto pagas polo teu móbil e pola túa fibra? 📱 Se cres que a túa factura podería ser máis baixa, en   poden axuda...
23/09/2026

🚶🛍📲| Canto pagas polo teu móbil e pola túa fibra? 📱 Se cres que a túa factura podería ser máis baixa, en poden axudarche a comprobalo.

Este centro especializado en telefonía e telecomunicacións traballa como distribuidor oficial de máis de 15 compañías, entre elas Lowi, O2, MásMóvil, Pepephone, Finetwork, Llamaya, Simyo ou Dígame. Unha das súas grandes vantaxes? Poder comparar diferentes opcións e recibir un asesoramento independente e personalizado antes de decidir.

E non todo son tarifas. En Holamobi tamén atoparás servizo de reparación de teléfonos móbiles, liberación de terminais, seguros para dispositivos e opcións de financiamento.

🔎 Queres cambiar de compañía?, 💶 Buscas pagar menos pola túa factura?, 📱 Necesitas reparar o teu móbil?, 🌐 Estás pensando en contratar fibra ou unha nova tarifa?

Sexa cal sexa a túa necesidade, o seu equipo explica as alternativas de forma clara e transparente para que poidas escoller a que mellor se adapte a ti.

📍 Fai unha parada en Holamobi Carballo e elixe ben a túa opción para aforrar máis cada día.

20/09/2026

No CCA Carballo seguimos A voltas co cole... e coa diversión!

Grazas a todas as persoas que o pasado venres vos achegastes á Praza do Concello para participar na campaña para poñer a proba a vosa memoria tentando atopar as parellas do panel. 🧠🎯

Foi unha tarde chea de xogos, ilusión e competitividade. E, como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixamos un pequeno resumo da actividade. A ver se vos atopades! 👀 Pero isto aínda non rematou... 😉

📅 Lembrade: o vindeiro venres, ás 21.00 h, volvemos vernos en directo a través do Instagram do CCA Carballo para coñecer os nomes das persoas gañadoras das 5 tabletas de 10 polgadas que sortearemos entre todas as que conseguistes facer pleno no xogo.

Así que, se atopaches as 5 parellas, moita atención! Podes ser unha das persoas afortunadas. 🍀📱 Grazas a todos/as por xogar, por participar e por seguir apostando polo comercio local de Carballo! ❤️

Xunta de Galicia Comercio galego Deputación da Coruña Concello de Carballo

  🚶‍♀️🚶☕️| Arrincamos o día con enerxía? Pois facemos parada en  .Se che apaixoa o café de especialidade, este é un dese...
20/09/2026

🚶‍♀️🚶☕️| Arrincamos o día con enerxía? Pois facemos parada en .

Se che apaixoa o café de especialidade, este é un deses lugares que tes que descubrir. ☕🥯🥐🍩🍪

Aquí cada cunca prepárase con coidado para ofrecer o mellor sabor, xa sexa un espresso, un flat white, un latte ou un americano. E se prefires outras opcións, tamén atoparás matcha, tés e infusións para todos os gustos.

🥐 Completa a experiencia coas súas deliciosas torradas e a irresistible bolería, perfectas para un almorzo, un brunch ou unha pausa con sabor. Porque ás veces só fai falta un bo café e un ambiente agradable para mellorar o día.

📍 Achégate a Ceibo, na rúa Camiño Novo 18, e déixate sorprender por unha nova forma de vivir o café.

  🎒♟️ !! Tes boa memoria? 😏 Pois LEMBRA que mañá 18 poñémola a proba de novo! Volvemos á pista de xadrez da Praza do Con...
17/09/2026

🎒♟️ !! Tes boa memoria? 😏 Pois LEMBRA que mañá 18 poñémola a proba de novo!

Volvemos á pista de xadrez da Praza do Concello para unha tarde de xogos, risas, parellas por descubrir… e moitos premios! 🎁

Non esquezas levar os teus vales das compras de volta ao cole. Cada un pode darche a oportunidade de xogar e levar premio para casa (entradas de cine, clases de surf, xeados, vales desconto, cheques de 50 € e ata 5 tabletas para quen teña unha memoria TOP! 🧠🔥

👉 Así que xa sabes: xunta os vales, trae a familia ou a pandilla e… QUE COMECE O XOGO! Vémonos de 17:00 a 20:00 h!

Xunta de Galicia galego Deputación da Coruña de Carballo

Dirección

Fomento 21-23
Carballo
15100

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00
Martes 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00

Teléfono

+34981701613

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CCA Carballo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a CCA Carballo:

Atajos

Compartir

Categoría