09/06/2023
COMUNICADO DA ASOCIACIÓN ORGANIZADORA DO MERCADO MEDIEVAL DA COSTA DA MORTE (CORCUBIÓN):
Todo ten un comezo e un final.
Queremos anunciar que a XX edición do ano pasado (2022) foi a derradeira festa medieval que organizamos nós. Esta asociación leva 12 anos ao fronte do mercado medieval e de todas as
actividades vinculadas ao mesmo, aínda que debido á pandemia houbo dous anos de inactividade. Por tanto levamos organizadas 10 edicións con moita dedicación e traballo, e todas supuxeron un gran desgaste persoal para todos os membros desta asociación. Este cansancio acumulado fai que decidamos tomar esta “difícil” decisión.
Ademais entendemos que éste é o momento idóneo por varios motivos:
1. O principal activo de futuro desta festa medieval debe ser o desembarco das tropas do arcebispo, evento histórico singular que entendemos debe facilitar a declaración da festa como de interese turístico galego cando cumpla os 25 anos necesarios. O desembarco, a pesar da nosa colaboración activa, foi organizado o ano pasado directamente polo Concello de Corcubión. Este ano a administración municipal consegíu unha importante subvención da Deputación da Coruña para levar a cabo este evento polo que a súa realización debería estar GARANTIZADA.
2. Por outra banda tamén entendemos que, ao abrirse un novo ciclo político en Corcubión, é o momento adecuado para que outras persoas tomen a iniciativa e collan o noso relevo. Cremos que en Corcubión hai moita xente nova e con capacidade para
organizar esta festa con novos bríos e ideas, e ao mellor nós supoñemos un atranco para que dean un paso adiante.
En definitiva, o mercado medieval de Corcubión iniciou a súa andadura con outras asociacións, que fundaron esta festa e a levaron a cabo durante dez anos. Posteriormente nós tomamos o relevo organizando outras dez edicións, e agora estamos seguros de que outras persoas e/ou asociacións darán o paso para que esta gran festa continúe adiante por moitos anos.
Queremos agradecer a todos os socios, colaboradores e ao Concello de Corcubión polo seu apoio durante todos este anos.
Por moitos anos máis, VIVA O MERCADO MEDIEVAL DA COSTA DA MORTE E O DESEMBARCO DAS TROPAS DO ARCEBISPO.
En Corcubión a 09 de xuño de 2023