Artesanía Enxebre de Valdeorras

Artesanía Enxebre de Valdeorras Artesanía Enxebre de Valdeorras. Madeira con alma e raíces. Cada peza nace a man, con calma e intención.

Agasallos, carteis e creacións que gardan historia e levan un anaco de nós.

12/08/2026

Moi boas xentiña, hoxe é un día importante en Artesanía Enxebre de Valdeorras. 🪵
Arrancamos con forza (de novo😅) en YouTube e queremos pedirvos un favor dos que custan pouco: botádenos unha man subscribíndovos e deixando correr o noso primeiro tutorial sobre a mellor madeira para pirogravar. 🌻

Aínda que o vexades de fondo mentres facedes outra cousa😅 xa nos estades axudando moitísimo a que o proxecto siga medrando dende O Barco para o mundo. Cada reprodución e cada comentario é gasolina para o taller.

Grazas por estar aí, sempre. 🌿🪵
👇 Ligazón no primeiro comentario. Cada clic axuda a que a artesanía feita a man dende Valdeorras chegue máis lonxe.

11/08/2026

Se buscas un agasallo que non acabe nun caixón, xa sabes onde estamos. 🪵

10/08/2026

Vai ser un pouco difícil que alguén o adiviñe, peeerooo, quen sabe😅

09/08/2026

Coidado, que isto é perigoso: un altofalante sen pilas, sen cables, e que dura toda a vida. Se sigue así, van ter que prohibilo 😏

O EcoSon é unha maneira sostible de escoitar a túa música favorita, feito en madeira de castiñeiro recollido de maneira sostible, a man, aquí en Valdeorras. A ver quen o para agora.

Para máis info, visita a nosa web (link na bio) ou mándanos un privado 📩

09/08/2026

Do obradoiro só sae o que xa está listo para durar. 🪵

07/08/2026

Dunididudidu Hoxe é venres e as cousas comezan a encaixar❤️

05/08/2026

Acordarse da nai o Día da Nai está ben… pero moito mellor é lembrala todo o ano.
Este mosaico en madeira é só unha forma de dicir o que ela leva facendo sempre: unirnos❤️

Dirección

Praza Ramón Otero Pedraio Nº12 Baixo
El Barco De Valdeorras
32315

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Artesanía Enxebre de Valdeorras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir