Ton Y Son

Ton Y Son La Música en Valdeorras La Tienda de Música de la comarca de Valdeorras
Nuestra web oficial: www.tonyson.es
Nuestro Twitter:

OLLO AQUÍ ‼️Deixámosovos información útil para o concerto desta noite de Abraham Cupeiro no Mosteiro de Xagoaza👇🏼
28/08/2026

OLLO AQUÍ ‼️
Deixámosovos información útil para o concerto desta noite de Abraham Cupeiro no Mosteiro de Xagoaza
👇🏼

Vémonos hoxe na Rúa? 🙃Sigue avanzando o V Nove, levando a cultura a recunchos de Valdeorras. Hoxe toca cine ao aire libr...
19/08/2026

Vémonos hoxe na Rúa? 🙃
Sigue avanzando o V Nove, levando a cultura a recunchos de Valdeorras. Hoxe toca cine ao aire libre 🎥 na Igrexa da Rúa Vella (Santo Estevo)

Ayuntamiento A Rúa

https://osil.info/segunda-parada-do-ciclo-v-nove-con-cine-na-rua

  Continúa o ciclo V Nove, que desta volta fai a súa segunda parada. Esta vez a cita será neste 19 de agosto no concello da Rúa, no adro da Igrexa de Santo Estevo cunha sesión de cine ao aire libre con entrada libre e gratuita. A película proxectada será a exitosa produción galega “+Cuña...

19/08/2026
ENTRADAS ESGOTADASpara o concerto de Abraham Cupeiro no Mosteiro de Xagoaza! Grazas! 👏🏻
19/08/2026

ENTRADAS ESGOTADAS
para o concerto de Abraham Cupeiro no Mosteiro de Xagoaza!
Grazas! 👏🏻

Levamos meses traballando nisto e xa podemos empezar a contalo.Nace V NOVE, un percorrido cultural por nove concellos de...
04/08/2026

Levamos meses traballando nisto e xa podemos empezar a contalo.

Nace V NOVE, un percorrido cultural por nove concellos de Valdeorras, entre agosto e outubro.

A partir de agora contámolo todo desde V nove . Séguenos alí para non perder nada.

A música ao vivo está de volta! ✨Dende 2020, Ton y Son produce o ciclo Terrasón promovido polo Concello do Barco de Vald...
23/07/2026

A música ao vivo está de volta! ✨

Dende 2020, Ton y Son produce o ciclo Terrasón promovido polo Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras , que enche de música, terrazas e prazas creando noites de verán inesquecibles.

Nesta sétima edición temos un cartel de luxo! Las Nietas del Charli, Los Brazos, Mad Martin Trío, Mrs. Fine e Tony Perry & The Bombers… e ademais temos unha cita moi especial marcada en vermello:

🔥 Abraham Cupeiro chega por primeira vez a Valdeorras con «Os sons olvidados»
📅 Venres 28 de agosto · 21:30 h
📍 Adro da Igrexa de San Miguel de Xagoaza
🎟️ Entradas xa á venta: 10 € en Ton y Son e Ataquilla.com

Sen dúbida unha das citas imperdibles deste verán. Unha viaxe entre instrumentos ancestrais, sons que parecían esquecidos e paisaxes que cobran vida. Abraham Cupeiro é deses artistas que non se explican: hai que velos e escoitalos en directo.

Vémonos no Terrásón! 💫

Que noite tan inesquecible! ✨Non temos palabras para agradecer a todas e todos os que vos achegastes a disfrutar do conc...
17/07/2026

Que noite tan inesquecible! ✨

Non temos palabras para agradecer a todas e todos os que vos achegastes a disfrutar do concerto de Luar na Lubre no 📍Adro do Santuario das Ermitas. Logramos esgotar todas as entradas e crear xuntos un ambiente absolutamente máxico nunha contorna única!

Para nós, ademais, foi unha cita moi especial. Non había mellor maneira de celebrar os 17 anos da nosa empresa que vivindo unha noite tan emotiva e inesquecible ao voso lado, rodeados de boa música e co corazón cheo de gratitude polo camiño percorrido 🎂

Queremos darlle un agradecemento moi especial á Axencia de Turismo de Galicia, xa que este concerto formaba parte dos Concertos do Xacobeo impulsados pola Xunta de Galicia. Grazas por facer todo isto posible e por seguir apostando firmemente pola nosa cultura e por poñer en valor lugares tan máxicos.

Un éxito coma este non sería posible sen un gran equipo detrás. Por iso, queremos dar as grazas infinitas a Luar na Lubre pola súa maxia no escenario, á empresa de son Sonora Sonido pola súa profesionalidade, e ao persoal do Santuario coidarnos tan ben dende o primeiro momento.

Ata o vindeiro ano! 🩵

✨ TERRASÓN 2025 ✨O Terrasón naceu promovido polo Concello do Barco naquel verán raro do 2020, cando a música tiña que vo...
07/06/2026

✨ TERRASÓN 2025 ✨
O Terrasón naceu promovido polo Concello do Barco naquel verán raro do 2020, cando a música tiña que volver SI OU SI 🎶
Dende aquela, foise convertindo nun clásico do verán cultural do Barco…

E a última edición do pasado 2025... mi madriña, qué cartelazo! 🤯👇
🌿 Carla Lourdes 🌿 El Patio de Leni 🌿 Ángela González 🌿 Claudio & The Roosters 🌿 The Black Wings 🌿 Seika 🌿 Caamaño & Ameixeiras

Deixámosvos por aquí unhas fotiños para revivir aquelas noites 📸
Que veña xa o Terrasón 2026 🙏🏼

📍O Barco de Valdeorras.
🎟️Un ciclo promovido polo Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras
🗒️Produción: Ton y Son.
🤝Co patrocinio da Axencia Turismo de Galicia a través do programa Concertos do Xacobeo.

Xa están á venda as entradas para o concerto de Luar na Lubre no impresionante Santuario das Ermidas. Prepárate para viv...
19/05/2026

Xa están á venda as entradas para o concerto de Luar na Lubre no impresionante Santuario das Ermidas. Prepárate para vivir unha noite inesquecible onde a música ancestral e o patrimonio se fusionan nunha contorna verdadeiramente mística.

📍Adro do Santuario das Ermidas, O Bolo (Ourense)
🗓️ 16 de xullo
🕐 20:00h

As prazas son limitadas para garantir unha experiencia íntima e respectar a maxia do entorno, así que non te quedes sen a túa.

🎟️ Consigue as túas entradas en 📍Ton y Son ou no seguinte enlace:

Comprar entradas online autorizadas para el concierto de Luar na Lubre en As Ermidas tocando en Ourense desde 19.8€ en Ataquilla.

🎶✨ LUAR NA LUBRE nas ERMIDAS!🎶✨E...Repetimos! 🙌 Despois do soldout absoluto do ano pasado, volvemos ao Adro do Santuario...
14/05/2026

🎶✨ LUAR NA LUBRE nas ERMIDAS!🎶✨
E...Repetimos! 🙌
Despois do soldout absoluto do ano pasado, volvemos ao Adro do Santuario das Ermidas cunha cita que une música, patrimonio e territorio 🏛️🌿
A lenda do folk galego celebra os seus 40 ANOS cun concerto único nun dos espazos patrimoniais máis singulares do interior galego.
O concerto está impulsado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, dentro da súa aposta por descentralizar a oferta cultural e dinamizar destinos de gran valor histórico e paisaxístico.
📅 16 de xullo · 20:00h
📍 Adro do Santuario das Ermidas (O Bolo, Ourense)

Catro décadas convertidas en símbolo do folk galego e europeo: 20 discos, máis de 350.000 exemplares vendidos, 2.500 concertos en 60 países, dous Discos de Ouro, nove Premios da Música e a recente Medalla Castelao 2025 🏅
Compartiron escenario con Mike Oldfield, The Waterboys, The Corrs, Bob Geldof, Víctor Manuel, Luz Casal ou Ismael Serrano. A xira "Lubre: 40 Aniversario" pasa por As Ermidas 🎻🪗

🎟️ Entradas á venda o luns 18 de maio
👉 Ton y Son | Ataquilla.com

Dirección

Calle Eulogio Fernández 31
El Barco De Valdeorras
32300

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:30
17:00 - 20:30
Martes 10:00 - 13:30
17:00 - 20:30
Miércoles 10:00 - 13:30
17:00 - 20:30
Jueves 10:00 - 13:30
17:00 - 20:30
Viernes 10:00 - 13:30
17:00 - 20:30
Sábado 10:30 - 13:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ton Y Son publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir