Mombai Artesanía

Mombai Artesanía Todo un mundo de artesanía e moitas cousas máis.

02/01/2026
Grazas a todos os que formades parte de este pequeno universo chamado Mombai por este maravilloso ano cheo de cousas boa...
31/12/2025

Grazas a todos os que formades parte de este pequeno universo chamado Mombai por este maravilloso ano cheo de cousas boas; clientes, amigos e artesans que axudades a que esta "tribu" siga medrando e eu siga con moitas ganas de seguir camiño o voso lado.🤎
Grazas polas risas, polo afecto, polas birras dos xoves, os cafés, a "psicoloxía" do outro lado do mostrador, as idas de olla,os cabreos, os erros, a gratitude, a honestidade pero sobre todo a lealtade.
Grazas a e Frida as "artesanías" mais preciosas da miña vida 🥹
Familia, amigos, veciños ... e tanta xente que levo perto de mín.
Féliz ano, féliz vida a tod@s.
# tendasengalego

Mirade que chulisima é esta coleccion de filigrana feita por Artesanía Maysil.  Pendentes e anel traballados a man, cun ...
29/12/2025

Mirade que chulisima é esta coleccion de filigrana feita por Artesanía Maysil.
Pendentes e anel traballados a man, cun deseño coidado e atemporal.

Son pezas que funcionan ben xuntas, pero tamén pódense mercar por separado, segundo o que máis che apeteza ou necesites. Xoiería artesanal, feita con calma e moito oficio.

Xa dispoñible en Mombai.💫💫

filigrana xoieriaartesanal artesaniagalega feitoa

Deseños flipantes e moi vangardistas.A nova marca Maysil (   )chega a Mombai facendo todo diferente.Teñen o taller na es...
22/12/2025

Deseños flipantes e moi vangardistas.
A nova marca Maysil ( )chega a Mombai facendo todo diferente.

Teñen o taller na estrada e crean sen seguir normas nin fórmulas.

Ferreñas de prata con moita personalidade, pezas únicas que rompen coa idea clásica.

E agora que é Nadal… si, é un regalazo deses que sorprenden de verdade 🎄✨

maysil prata ferreñas deseñovangardista pezasunicas agasallosdenadal

🎄✨ Ideas bonitas para regalar este Nadal ✨🎄Os bolsos das coleccións Utopía e Aladas de Cabuxa chegan á tenda cheos de im...
19/12/2025

🎄✨ Ideas bonitas para regalar este Nadal ✨🎄

Os bolsos das coleccións Utopía e Aladas de Cabuxa chegan á tenda cheos de imaxinación e detalle. Feitos en pel e con ilustracións de autor: Leandro Lamas e Marina Seoane.

Completan a colección pendentes e broches con ilustracións dos mesmos artistas, pezas especiais para quen busca un agasallo diferente, feito con calma e con moita personalidade.🎁✨

Broches de papel! Un agasallo ben orixinal.🎁Cada broche nace a partir dunha folla de papel ilustrado, dobrada a man segu...
18/12/2025

Broches de papel! Un agasallo ben orixinal.🎁

Cada broche nace a partir dunha folla de papel ilustrado, dobrada a man seguindo técnicas de origami.
📄O papel recibe un tratamento especial que o fai máis resistente á humidade, aos golpes e ao uso diario, sen perder lixeireza.

Todo o proceso é artesanal, feito en Galicia, peza a peza, con tempo e atención aos detalles.

O resultado son broches moi lixeiros, fáciles de levar e sorprendentemente resistentes, que demostran que o papel, cando se traballa ben, pode durar moito máis do que imaxinamos.

En Mombai podes atopar varios modelos: feitos con papel dos clásicos Sugus, ilustracións de grandes artistas ou notas musicais 🎶🎨🍬

💫🎁A colección Rabudo, de Aurifex, é desas cousas que apetecen mirar con calma.Pendentes e aneis en prata mateada e prata...
15/12/2025

💫🎁A colección Rabudo, de Aurifex, é desas cousas que apetecen mirar con calma.
Pendentes e aneis en prata mateada e prata bañada en ouro, con formas diferentes, moi coidadas e con moita presenza.

Orfebrería feita en Santiago de Compostela, pensada para levar moito… e para regalar mellor aínda 💛🎄🎄
Un detalle precioso, deses que non fallan.

Xa dispoñibles en Mombai.

✨ Colección Estrela ✨De Aurifex Orfebrería, dende Santiago de Compostela.Pezas de prata mateada e prata dourada, cun des...
12/12/2025

✨ Colección Estrela ✨
De Aurifex Orfebrería, dende Santiago de Compostela.

Pezas de prata mateada e prata dourada, cun deseño limpo e moi ben resolto.
Pendentes, aneis e colgantes. Xoiería feita con oficio, coidada ata o máis mínimo detalle. Das que non cansan e acompañan ben.

⭐ Xa dispoñible en Mombai.

🎄 RECORDADE! Este domingo estamos abertos no horario habitual para que poidas facer as vosas compras de Nadal.
Non o deixes para última hora, que as pezas voan… e logo solo quedan as ganas delas !!🎁🎁💝

💫 Colección Amapola en Mombai, de  A colección Amapola de Silvereira chegou a Mombai con ese vermello que sempre chama a...
11/12/2025

💫 Colección Amapola en Mombai, de

A colección Amapola de Silvereira chegou a Mombai con ese vermello que sempre chama a atención. Temos pendentes, pulseiras, colgantes e broches, todos en madeira e co acabado artesanal tan característico da marca: lixeiros, cómodos e cheos de personalidade.

🎄🎁💝E xa que estamos entrando de cheo no ambiente festivo… son un regalo perfecto para este Nadal. Pezas especiais, diferentes e feitas con coidado, desas que realmente se agradecen.

Se che apetece ver como quedan postas, pásate pola tenda. Encántannos estas pequenas xoias tan cheas de vida.



💫💍A filigrana é desas técnicas que impresionan incluso antes de saber como se fan. Hilos finísimos de prata que se traba...
09/12/2025

💫💍A filigrana é desas técnicas que impresionan incluso antes de saber como se fan. Hilos finísimos de prata que se traballan un a un, con paciencia e pulso de artesán, ata crear formas que parecen aire, luz e encaxe metálico.

🇲🇽En México é toda unha tradición, feita a man por artesáns que conservan un oficio cheo de detalle e historia. E cando a ves de preto, entendes por que: non hai dúas pezas iguais, cada espiral e cada curva gardan o xesto de quen a fixo.

En Mombai temos a sorte de traer un anaquiño desa artesanía ao noso escaparate. Pezas especiais, delicadas e potentes ao mesmo tempo, pensadas para durar e contar algo máis ca beleza.

Dirección

Wenceslao Calvo Garra 7, Baixo 2
Lalín
36500

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Martes 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Jueves 11:00 - 22:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Sábado 11:00 - 14:00

Teléfono

+34687592807

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mombai Artesanía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría