Moucho Manualidades

Llamar Cómo llegar

Moucho Manualidades Tenda de manualidades - Talleres manualidades & bellas artes

Como xa vos contamos, despois de máis de 30 anos, Mariluz xubílase e agora somos Fer e Santi os que imos continuar con M...
15/09/2026

Como xa vos contamos, despois de máis de 30 anos, Mariluz xubílase e agora somos Fer e Santi os que imos continuar con Moucho.

A tenda vai seguir tendo os produtos de sempre: pinturas, pinceis, lapis, blocs de debuxo... Tamén seguiremos facendo enmarcacións e iremos incorporando algunha cousiña nova.

A principal novidade é que en Moucho tamén imos deseñar e construír mobles e diferentes pezas feitas en madeira.

Agora mesmo estamos traballando a porta pechada, preparando todo para abrir o antes posible. Se todo vai como esperamos, estaremos de volta a principios de novembro. Temos moitísimas ganas!

Vémonos moi pronto!!! 🦉

Se estes días pasades por Moucho e atopades a porta pechada... tranquilos!Estamos dándolle unha volta á tenda e tócanos ...
05/08/2026

Se estes días pasades por Moucho e atopades a porta pechada... tranquilos!

Estamos dándolle unha volta á tenda e tócanos baixar a reixa durante unhas semaniñas.

Vémonos moi prontooo!

Chegou o momento. ❤️Primeiro foi a quenda de Isabel e, agora, despois de máis de 30 anos detrás do mostrador de Moucho, ...
31/07/2026

Chegou o momento. ❤️

Primeiro foi a quenda de Isabel e, agora, despois de máis de 30 anos detrás do mostrador de Moucho, tócalle xubilarse a Mariluz.

Dise moitas veces iso de "toda unha vida", pero poucas veces encaixa tan ben coma aquí.

Toda unha vida co pincel na man e cunha bata posta. Vendo medrar xeracións enteiras de nenas e nenos que descubriron aquí as manualidades e de persoas que sempre atoparon en Moucho un lugar onde dar forma á súa creatividade.

Seguro que nestes anos tamén houbo días difíciles, pero estamos convencidos de que os bos lembraranse moito máis.

Este non é o final de Moucho. É simplemente o final dunha etapa moi especial.

E, coñecendo a Mariluz... temos a sensación de que a seguiremos vendo pola que sempre será a súa tenda.

Grazas por estes máis de 30 anos.

Vémonos moi pronto!

En Moucho activamos o modo desconto ✨Temos unha gran variedade de produtos ao 50%, así que é un bo momento para pasar e ...
05/05/2026

En Moucho activamos o modo desconto ✨
Temos unha gran variedade de produtos ao 50%, así que é un bo momento para pasar e botar un ollo.
Seguro que atopas algunha cousiña que che guste 😊

Xa veñen os Reis! 👑🎁
03/01/2026

Xa veñen os Reis! 👑🎁

Agasallos para  peques! 🖍️🎁
02/01/2026

Agasallos para peques! 🖍️🎁

Boas Festas a tod@s! 🦉🎄🎉
24/12/2025

Boas Festas a tod@s! 🦉🎄🎉

Cousiñas de Faber Castell para agasallar este Nadal! 🦉
23/12/2025

Cousiñas de Faber Castell para agasallar este Nadal! 🦉

Agasallos orixinais para un Nadal orixinal! 👩‍🎨🎁
22/12/2025

Agasallos orixinais para un Nadal orixinal! 👩‍🎨🎁

Achegase o Nadal e temos novo escaparate!
03/12/2025

Achegase o Nadal e temos novo escaparate!

Dirección

Avd. Buenos Aires 80
Lalín
36500

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

986787146

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Moucho Manualidades publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir