27/10/2023
📚 Celebramos o Día das Bibliotecas este sábado cunha actividade cheeeea de maxia e medo na Biblioteca Pública Vidal Pazos. Poucos días hai no ano tan misteriosos e máxicos como Samaín e desfrutarémolo cun espectáculo de maxia sorprendente, divertida e pensada para a ocasión.
Lendas e historias misteriosas, as pantasmas, as bruxas... Todos estes clásicos para non durmir están presentes no espectáculo "En Samaín toca... maxia!", pero tranquilos, non por iso é un espectáculo que dea medo de verdade! Será unha maxia divertida, abraiante e apta para todos os públicos.
📆 Sábado, 28 de outubro
⏰ 12.00h
📍 Biblioteca Pública Vidal Pazos