15/02/2020
Como moitos xa sabedes, pechamos as portas fai uns días, pero faltábannos as forzas para despedirnos.
Foron case 5 anos de loitas, cambios, ganas e ilusións que vos temos que agradecer a cada un de vos. Gracias os que confiastes en nos. Gracias pola paciencia que tivestes cando cometimos erros, prometemos que sempre se fixo todo o posible. E gracias por acompañarnos neste camiño e por apoiarnos.
Coñecimos a moita e moi boa xente, moitos deles agora son bos amigos. E ese é o bo recordo co que nos quedamos. Non deixes de saudarnos pola calle. Deixamos que nos invites a cafés ou a unhas cañas! 😋
E queremos pedirvos un favor... Mercade no comercio pequeno, nas vosas tendas de barrio. Non deixedes que o pobo morra por uns euriños que aforrades. Non merquedes online sen antes mirar o que hai no pobo. Moitas das nosas tendas teñen páxina web! E esas tendas pequenas son as que dan vida, alegría e seguridade ás nosas calles e barrios e tamén a posibilidade de que traballes ó lado da casa.
Sen máis, e como ben pon no carteliño da porta, non pechamos por falta de ganas e ilusión, eso nunca se perde. Así que esto non é un adiós, é un ata pronto!! ☺️