23/10/2026
🏫 Truco ou Trato para nenos e nenas polos comercios de Monterroso.
🎃 O Concello de Monterroso colabora coa campaña 'Truco ou Trato' para nenos e nenas que organizan os comercios locais e a ANPA CEIP Plurilingüe de Monterroso o vindeiro venres 30 de outubro pola tarde.
🍬 A iniciativa pretende que a rapazada se disfrace e se achegue aos comercios participantes onde recibirán caramelos pola súa visita! Unha maneira de encher o pobo de ambiente e diversión!
🛍 Tomade boa nota da data, que están agardando por vós!!!