11/05/2026
Un ano mais celebración do Día das Letras Galegas
Nos vemos o domingo 17 de maio na praza da Lectura en Santa Icia conmemoración o Día das Letras Galegas
A Begoña Caamaño
ese día facemos un 10% visitanos na praza da lectura santa Icia
👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇
Estará asinando na nosa caseta
J.Manuel Legazpi y Ana Meilán
✍️sinatura as 11:30 h a 14:00 H
J.Manuel Legazpi
Oto o xigante comenubes.
✍️Ana Meilan asina todos os seus libros as 17:00 h a 19:00h
O programa “N de Narón. A festa das letras”, dedicadas este ano a Begoña Caamaño
O Concello de Narón presentou unha nova edición de “N de Narón. A festa das Letras”, o programa co que a cidade celebra cada 17 de maio o Día das Letras Galegas, dedicado este ano pola Real Academia Galega á xornalista e escritora Begoña Caamaño.
Na praza da Lectura, o día dirixida a todos os públicos e na que haberá espectáculos musicais e teatrais, actuacións tradicionais, xogos populares, actividades de animación á lectura e encontros con autores. J.MANUEL LEGAZPI Y ANA MEILAN.
As actividades darán comezo ás 11.30 horas co espectáculo “O pracer do azul, cartas no vento”, de María Faltri, unha proposta musical e narrativa para público familiar inspirada na reinterpretación feminista dos mitos clásicos realizada por Begoña Caamaño na súa obra “Circe ou o pracer do azul”. Xa ás 12.30 horas actuarán as Cantareiras e os grupos de baile do Padroado da Cultura. Pola tarde, ás 17.00 horas, a compañía Galeatro representará “Carabela volve aos mares”, unha montaxe familiar con mensaxe ecolóxica protagonizada por unha cociñeira atrapada nunha illa de plástico. A continuación, ás 18.00 horas, será a quenda da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura. Durante a xornada tamén haberá xogos populares, en horario de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas. Ademais, a Biblioteca Municipal contará cun espazo de lectura e obradoiros, mentres que a libraría Day instalará un posto de venda de libros en galego e organizará sinaturas co escritor J.Manuel Legazpi, pola mañá, e coa autora Ana Meilán, pola tarde.