07/09/2026
💥O CLUB DA CALCETA💥
Xa o ano pasado comezamos con este club todos os venres ás 17:00! É un espazo marabilloso para traballar coas mans pero tamén darlle movemento a lingua jajajaj
Un grupo diverso en idades e procedencias, que fan deste espazo unha das que considero as actividades máis bonitas e especiais deste proxecto.
É unha actividade de balde, pero aberto a traer cousas para comer e beber e partillar se así o consideras, aprendemos mutuamente, e pagámonos con rede, apoio mutuo, respecto e cariño, que sei que diso non se vive, pero si que son necesarios para manter a vida.
Anímaste? Está aberto a todo o mundo! 🔥
Comezamos este venres, podes vir probar e voltar ou non, pero... Aquí traen uns biscoitos que... Sempre fan que veñas de volta! Jajaj
COMEZAMOOOOSSS!!