AmoGalicia, Talento Galego

AmoGalicia, Talento Galego Somos una coqueta tienda de regalos en Pontevedra. Ilustración-Fotografía-Artesanía de Galicia-Di

12/01/2026

Neste escaparate, o oficio convértese en linguaxe contemporánea.
Cestería, moda e calzado dialogan co corpo, co movemento e coa vida diaria.

Arte que se leva.
Arte que se vive.

11/01/2026

SORTEO PARA ARRANCAR O TEMPO CON COIDADO

Comezamos o ano regalando algo máis ca dúas axendas.
Regalamos tempo, mirada e compañía.

🎁 Sorteamos:
📒 unha axenda de EA Ilustra
📕 unha axenda de Irmás Cartoné

👉 Unha será para ti
👉 A outra para esa persoa coa que compartes o camiño

Porque organizarse tamén é un acto colectivo 💛

Como participar:

1️⃣ Sigue a ,
2️⃣ Dá like a este post
3️⃣ Menciona nos comentarios a esa amiga, amigo ou compi coa que che gustaría empezar o ano
4️⃣ ✨ Extra bonus: visita e dá like a 2 publicacións do feed de

📅 Sorteo activo ata o martes (22 hs)
📣 Anunciaremos a persoa gañadora por stories

📍 O premio recollerase na tenda AmoGalicia
Rúa Alhóndiga 4 · Pontevedra

Dúas axendas.
Dúas miradas.
Un novo ano para transitar con sentido.

11/12/2025

En AmoGalicia xa brillan as luces, a maxia e o Apalpador.
É tempo de detalle, de emoción e de atopar ese agasallo que fala de nós.
Pasa, mira, sente… que aquí o Nadal vén cargadiño de talento galego e ilusión para todas as persoas que queremos.

18/11/2025

Hai uns días celebrouse a Gala dos Premios Comercio Galego, un encontro que pon en valor o esforzo, a dedicación e o impacto real do comercio local nas nosas vilas e cidades. Un orgullo formar parte desta edición.

Moitas grazas polo recoñecemento!!!

O noso agradecemento a todos os talentos que forman parte de AmoGalicia: eles son a alma da Tenda, mais de 95 marquiñas.

É unha honra para nós estar entre as finalistas e compartir espazo con proxectos tan fermosos e comprometidos.

En AmoGalicia seguimos apostando polo talento galego, polo comercio sostible e porque contar historias.

Parabéns a todas as persoas premiadas e finalistas polo traballo inmenso que hai detrás.
Haber chegado ata aquí xa é un premio en si. Seguimos creando, medrando e co corazón cheo grazas aos nosos talentos, aos clientes e á familia que sostén este camiño. Co corazón cheo, grazas aos talentos, aos clientes e á familia que fai posible este camiño 🩵

27/10/2025

Hai talentos que fan clic dende o primeiro intre
E é un deles: arte, emoción e moita luz galega.
Encántanos sumar creatividade con corazón.
Benvida a AmoGalicia – Talento Galego 💚

19/10/2025

🍂 Xa voltamos ao noso horario tradicional de inverno!
Ata Nadal abrimos de 10:30 a 18:00, e os sábados de 11:00 a 14:30.

Salvia e máis eu (Guille), estaremos encantadas de recibirvos, con novas pezas, moito talento galego e ese acubillo tan noso que trae o outono. 💙
☕ Achégate, tómao con calma e deixa que o outono te sorprenda tamén na tenda.

12/04/2025

La artesanía de AmoGalicia, los dulces de Confitería Capri, la gastronomía de Granxa do Costado y las delicatessen de Mímate Gourmet Lounge harán que la estancia en Pontevedra sea en inolvidable

Dirección

Alhóndiga Nº 4
Pontevedra
36002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando AmoGalicia, Talento Galego publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a AmoGalicia, Talento Galego:

Atajos

Compartir

Categoría