30/07/2026
🛑 BASTA DE APERTURAS EN FESTIVOS E DOMINGOS 🛑
O comercio galego volve mobilizarse para defender o dereito ao descanso, á conciliación e a ter máis tempo para vivir.
📢 11 DE AGOSTO – MANIFESTACIÓN
🕚 11:00 h
📍 Diante de El Corte Inglés de Gran Vía (Vigo)
➡️ Ata o Centro Comercial Vialia
✊ 15 DE AGOSTO – FOLGA
En todo o sector do comercio.
O éxito da folga do 26 de xullo e das mobilizacións das últimas semanas demostrou que cando as traballadoras e traballadores nos unimos, facémonos escoitar.
Agora é o momento de dar un paso máis.
Porque non queremos máis domingos e festivos de traballo.
Porque queremos conciliar.
Porque queremos vivir.
🔥 O 11 de agosto, enchemos as rúas de Vigo.
🔥 O 15 de agosto, facemos folga.
Vigo 11deAgosto 15deAgosto Conciliacion DomingosNon FestivosNon DereitosLaborais TempoParaVivir Galicia Sindicalismo CCOOGalicia