Libraría Paz

Libraría Paz En Pontevedra desde 1967 Libraría Paz, fundada en 1967 por Dolores García e Isidro Paz, naceu como unha gran papelería que tiña un pequeno recanto de libros.

Cos anos, os libros foron ocupando máis e máis espazo ata converterse nunha das librarías de referencia da cidade especializándose tamén en banda deseñada desde 1989. No noso convencemento das librarías como lugares de encontro e dinamización cultural creamos diferentes programacións que achegasen ao público as novidades literarias e musicais e tamén eses libros publicados hai tempo que seguen merecendo protagonismo. Ademais das presentacións e encontros con autores/as estas son as actividades que programamos:

** Vermú entre libros, conversa con escritores/as centrada na súa obra máis recente mentras tomamos un vermú.

** Teñamos a poesía en Paz, conversacións con tres poetas que nos presentan os seus últimos traballos estean ou non publicados.

** Músicas en Paz, é un pequeno formato de concerto onde as/os artistas presentan o seu traballo musical.

** Enfiando lecturas, é unha proposta ás editoriais na que nos presentan as súas liñas editoriais e algunhas das obras recentes coa presenza de varias autoras/es.

** Libros do trinque, conversas de pequeno formato con escritoras/es nas que falan do seu libro recén publicado polo que aínda non foi posible lelo. Todo isto acontece no noso 'faiado cultural' e noutras celebracións que facemos noutros lugares da cidade.

09/09/2026

Vémonos mañá XOVES 10 ás 18h na Illa dos contos para a nosa primeira sesión de CONTACONTOS 🏝️📚🧸

09/09/2026

Xa chegou a tradución ao castelán do libro da nosa compañeira Cynthia Menéndez 📚📦 Son como glaciares los barcos de acero, dunha editorial que nos encanta: Pepitas editorial 📖💙 Celebramos!

primer sábado de setembro e novidades fermosisisisisisisimas 💙
05/09/2026

primer sábado de setembro e novidades fermosisisisisisisimas 💙

e chegou setembro e retomamos a axenda cultural 💙📚
03/09/2026

e chegou setembro e retomamos a axenda cultural 💙📚

31/08/2026

remata o verán, pero para celebrar a chegada de setembro sorteamos este pack de libros coa cesta da man de 📚💙 entre todas as compras físicas na libraría mañá martes 1 de setembro 📚📚📚

aínda non rematou agosto, pero chegan as primeiras novidades 📚📚📚
25/08/2026

aínda non rematou agosto, pero chegan as primeiras novidades 📚📚📚

24/08/2026

A ILLA DOS CONTOS 🏝️📖 Para crianzas a partir dos 3 anos 📚🧸 requisitos: Vir acompañados e apuntarse! Anotade, xoves 10 de setembro ás 18h 📚📚📚

e rematou Viñetas desde o Atlántico 📚 unha das nosas semanas favoritas do ano! 💙 Moitas grazas a todas as persoas que pa...
18/08/2026

e rematou Viñetas desde o Atlántico 📚 unha das nosas semanas favoritas do ano! 💙 Moitas grazas a todas as persoas que pasaron polo stand para celebrar a BD e o manga en A Coruña unha vez máis! 📚📚Deixamos algunhas fotos, faltan algúns momentazos que disfrutamos, pero non puidemos capturar 💙📚 ata o 2027!

Lembra que tamén podes atoparnos en Viñetas desde o Atlántico 📚📚 se estás por A Coruña pasa a saudar a Ramón, temos un f...
14/08/2026

Lembra que tamén podes atoparnos en Viñetas desde o Atlántico 📚📚 se estás por A Coruña pasa a saudar a Ramón, temos un feixe de recomendacións de BD e manga 📚📚📚📚

14/08/2026

A ILLA DOS CONTOS nace para crear un refuxio lector para os máis peques da casa 🏝️📚🧸
Setembro ven cheo de sorpresas, axiña compartiremos máis información! 📚💙

Dirección

Peregrina, 29
Pontevedra
36001

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 20:30
Martes 09:30 - 20:30
Miércoles 09:30 - 20:30
Jueves 09:30 - 20:30
Viernes 09:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

+34986860471

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Libraría Paz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir