Tía Tata

Tía Tata Tenda infantil

O ceo está a prepararse para agasallarnos cun espectáculo único: un eclipse total.O próximo 12 de agosto teremos a oport...
07/08/2026

O ceo está a prepararse para agasallarnos cun espectáculo único: un eclipse total.

O próximo 12 de agosto teremos a oportunidade perfecta para descubrir como funciona este fascinante fenómeno e aprender máis sobre os dous grandes protagonistas do noso ceo: o sol ☀️ e a lúa 🌕.

E, para as mentes máis curiosas, en Tía Tata atoparedes libros cheos de curiosidades, actividades e experimentos para seguir explorando este apaixonante tema e descubrir moitos outros misterios do noso universo. 📚✨

⚠️ Lembrade: se ides observar o eclipse, facédeo sempre con lentes homologadas ou mediante métodos de observación seguros! ⚠️

🧳 Marchamos de vacacións! 🧳Do 10 ao 16 de agosto, Tía Tata estará pechada para descansar e coller folgos. Volvemos o día...
06/08/2026

🧳 Marchamos de vacacións! 🧳

Do 10 ao 16 de agosto, Tía Tata estará pechada para descansar e coller folgos. Volvemos o día 17 con enerxía renovada pero coa mesma ilusión de sempre. 💛

Bo verán! 🏖️☀️⛺

📢 Importante!Este venres, 24 de xullo, a nosa tenda estará pechada. E, como ben sabedes, o día 25 é festivo 💙🤍💙. Así que...
20/07/2026

📢 Importante!

Este venres, 24 de xullo, a nosa tenda estará pechada. E, como ben sabedes, o día 25 é festivo 💙🤍💙. Así que aproveitade ata o xoves para vir facernos unha visita!

Grazas pola vosa comprensión! 😊

📢 Aviso a navegantes!Mañá, venres 10 de xullo, Tía Tata permanecerá pechada por descanso. Lembrámosvos que o sábado é fe...
09/07/2026

📢 Aviso a navegantes!

Mañá, venres 10 de xullo, Tía Tata permanecerá pechada por descanso. Lembrámosvos que o sábado é festivo no Porriño, polo que volvemos o luns co noso horario habitual.

Grazas pola comprensión! 💐✨

🏳️‍🌈 Hoxe celebramos o Día do Orgullo LGTBIQ+ 🏳️‍🌈En Tía Tata queremos aproveitar este día para lembrar algo moi importa...
28/06/2026

🏳️‍🌈 Hoxe celebramos o Día do Orgullo LGTBIQ+ 🏳️‍🌈

En Tía Tata queremos aproveitar este día para lembrar algo moi importante: todas as formas de ser, querer e vivir son válidas, necesarias e fermosas 🥰

Sen dúbida, a lectura é unha das mellores maneiras de abrir a mente e o corazón, de acompañar ás crianzas na diversidade e de poñer palabras a realidades diferentes sen medo nin prexuízos. E por iso, hoxe compartimos unha pequena selección de libros que falan de identidade, familias diversas, aceptación, liberdade e respecto. Libros que nos axudan a entender que non hai unha única maneira de ser, de amar ou de formar unha familia. Poderedes atopar e/ou encargar todos estes títulos e moitos máis na nosa tenda! 📚✨

Porque educar na diversidade é educar no respecto, na empatía e na liberdade. Hoxe e todos os días: orgullo de ser, orgullo de amar e de ser quen somos!

❤️🧡💛💚💙💜🖤🤎🩵🩷🤍

+ +

E así foi a celebración do noso 15.º aniversario...✨Despois dunha xornada tan especial, só nos queda dicir: GRAZAS! Graz...
27/06/2026

E así foi a celebración do noso 15.º aniversario...



Despois dunha xornada tan especial, só nos queda dicir: GRAZAS!

Grazas a todas as nenas e nenos que vos achegastes a festexar con nós e que enchestes Tía Tata de sorrisos e ilusión. Grazas tamén ás mamás, papás e familias por acompañalos e por seguir confiando en nós ano tras ano.

Grazas tamén ás nosas clientas, ás de sempre e ás que acabades de descubrir Tía Tata. Cada visita, cada compra e cada palabra bonita forman parte desta historia que xa cumpre 15 anos.

Grazas, por suposto, ás persoas que fixeron posible os obradoiros: Julia (), Ester () e Carlos (). Grazas por compartir o voso tempo, a vosa creatividade e o voso cariño con todas as crianzas.

Grazas a quen preparou a fermosa e deliciosa torta que puxo o broche perfecto á nosa celebración: 🎂

E, por suposto, grazas ás amigas e traballadoras de Tía Tata, en especial a Meli, Keka e Rebeca. Sen o voso esforzo e o voso apoio, nada disto sería posible.

Temos o corazón cheo de momentos inesquecibles e a ilusión de seguir acompañando ás familias durante moitos anos máis.

Grazas por formar parte da familia Tía Tata. Imos a polos próximos 15!!! 💛🎉

🐱 🎶 O ROMANCE DO GATO 🎶🐱O romance do gato é un espectáculo infantil de títeres e música en directo inspirado no romance ...
10/06/2026

🐱 🎶 O ROMANCE DO GATO 🎶🐱

O romance do gato é un espectáculo infantil de títeres e música en directo inspirado no romance popular «O testamento do gato». As nenas e nenos formarán parte da historia interactuando cos personaxes, que cobran vida a través de distintas técnicas de marionetas tradicionais. Unha proposta participativa e divertida para g***r en familia!

▫️▫️▫️▫️▫️

Carlos Quintá Caxide é músico, mestre de música popular e titiriteiro, cunha ampla traxectoria no ámbito escénico e musical.

Graduado en Maxisterio pola USC, formouse en acordeón diatónico no CMTF de Lalín e foi profesor deste instrumento na ETRAD de Vigo durante máis de quince anos. Na actualidade, compaxina a docencia en diferentes escolas e asociacións coa súa actividade artística.

Ao longo da súa carreira formou parte de proxectos musicais como Linho do Cuco, Fdz e Quintá, Estatalá, Xisco Feijóo, Sindicato do folclore ou Meninos do Pandeiro, coa que continúa en activo. É tamén músico e actor nas compañías de teatro e monicreques Seisdedos, Viravolta e Paporrubio. Ademais, desenvolve o seu labor como arranxista e produtor no seu estudo de gravación, As Gonzalinhas, situado en Bermés (Lalín).

👩🏻‍🦱🏺 FAI A TÚA TÍA TATA EN BARRO 🏺👩🏻‍🦱A través deste obradoiro achegarémonos ao modelado en barro, onde cada participan...
09/06/2026

👩🏻‍🦱🏺 FAI A TÚA TÍA TATA EN BARRO 🏺👩🏻‍🦱

A través deste obradoiro achegarémonos ao modelado en barro, onde cada participante poderá crear a súa propia Tía Tata. Experimentaremos co material dende unha aproximación lúdica, dando prioridade á creatividade e á expresión persoal, para dar forma a pequenas pezas cheas de carácter e imaxinación.

▫️▫️▫️▫️▫️

Esther Quintas é unha artista e artesá porriñesa apaixoada polas artes decorativas e especializada en cerámica contemporánea.

Formada en Belas Artes e coa especialidade en cerámica na Escola de Artes e Oficios de Vigo, explora as infinitas posibilidades expresivas e narrativas desta disciplina.

O seu traballo baséase na creación de pezas únicas, modificadas e pintadas a man, onde a atención ao detalle e o coidado no proceso son fundamentais. Cada unha delas posúe unha personalidade propia, combinando o utilitario e o decorativo nun diálogo entre deseño, artesanía e imaxinario persoal. Estas creacións buscan establecer unha relación lúdica e emocional con quen as utiliza, froito do seu interese por dar forma a obxectos que parecen ter vida, capaces de interactuar coa persoa e espertar un sorriso.

Como parte deste universo creativo, sentímonos especialmente felices de dicir que Esther Quintas é tamén a autora e deseñadora da marabillosa Tía Tata situada na parede da nosa tenda. ✨🥰

🐟🧺 PEIXIÑOS DE VIMBIO 🧺🐟 A través deste obradoiro, achegarémonos á cestería e coñeceremos algunhas das principais fibras...
08/06/2026

🐟🧺 PEIXIÑOS DE VIMBIO 🧺🐟

A través deste obradoiro, achegarémonos á cestería e coñeceremos algunhas das principais fibras vexetais. Traballaremos a partir das técnicas máis elementais de tecido e experimentaremos cos materiais buscando potenciar a expresividade e a creatividade de cada participante.

▫️▫️▫️▫️▫️

Julia de la Cal é unha artesá e deseñadora porriñesa especializada en cestaría. Desenvolve a súa actividade no estudo-obradoiro La Parabólica (O Porriño, Pontevedra), onde explora as posibilidades expresivas e funcionais desta disciplina cunha mirada contemporánea.

O seu traballo baséase no uso de vimbio de cultivo propio, co que combina deseño e procesos artesanais para crear pezas únicas que dialogan entre tradición e innovación, contribuíndo á difusión e actualización deste oficio.

Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Artesanía de Galicia 2024, concedido pola peza PERIFERIA #01.

🎁🐶 SORTEOOOO 🐶🎁Velaquí a primeira sorpresa como parte do 15.º aniversario de Tía Tata: sorteamos un can de peluche xigan...
06/06/2026

🎁🐶 SORTEOOOO 🐶🎁

Velaquí a primeira sorpresa como parte do 15.º aniversario de Tía Tata: sorteamos un can de peluche xigante da marca 💙

Se queres que este canciño sexa teu, participa! Para iso, terás que facer o seguinte:

1️⃣ Seguir os perfís de e
2️⃣ Dar “Gústame” a esta publicación
3️⃣ Mencionar a un amigo ou amiga nun comentario (un só comentario por participante)

⚠️ É imprescindible cumprir os tres requisitos para que a participación sexa válida.

📅 O prazo para participar remata o venres 12 ás 12:00 h do mediodía.

🎉 Anunciaremos a persoa gañadora ese mesmo venres pola tarde, véspera do noso aniversario. A persoa gañadora recollerá o seu agasallo o día seguinte, sábado 13, na nosa tenda.

Grazas a e por axudarnos a facer posible este sorteo! 🫂

Moita sorte ás persoas participantes! 🥰🍀🐾

Dirección

Rúa Ramón González, 33
Porriño
36400

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Martes 10:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 13:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tía Tata publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Tía Tata:

Atajos

Compartir