20/08/2026
Rematamos o agosto coa nosa particular e única romaría de crentes na cultura popular e comunitaria,
a Romaría da Cortiña!
Comezamos ás 12.45h falando cos fotógrafos Iago Lourido e Mario Martiño nunha conversa-mostra que promete ser ben interesante.
O vermú virá amenizado por 3BT3 para ir quentando o ambiente coa súa rumba, bogaloo e jazz; despois do xantar o deleite continúa co delta blues de David LH & The Po’Boys e para pórlle ritmazo á tarde a base de punk e rock contamos con Barullo e Punta Norte.
Crianzas e rapazada, vádevos vindo! Haberá actividades variadas! Entre elas, ás 16:30h Muller Raiz e Airán Beltrán, coa compaña dos seus monicreques, preséntannos “Mundo e Vida”, un contacontos infantil musical na Fraga Máxica.
Seguimos cos faladoiros cunha presentación fabulosa do proxecto “A Banda das Voces: Vive a experiencia” ás 18:30h.
E como non queremos que vos falte nadiña, temos unha zona de xantar estupenda ao carón do río cunha comidiña que semella feita pola mesma deusa Navia (ou o que ben sendo o mesmo, polas xeitosas máns de Julito e Susi).
Así que xa sabedes: se vos apetece achegarvos a este espazo incríbel, partillar bonito, tomarlle algo, papatoria de luxo, alegrar as orellas con boa música e botarlle uhas pezas,
vémonos na Cortiña!
Organiza: ConcienciArte [644 259 016]
Colaboran: Concello de San Sadurniño · Santa Compaña · Carpas e toldos Manuel Couce Vigo
Tuimil Tecnics · Talleres Outeiro · Preludio Musical As Pontes · DZINE III · Luaces e Gudín · Taberna Irmandiños · DZpro.gal · Sapím