Asteleiros Fra

Asteleiros Fra Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asteleiros Fra, Compras y ventas al por menor, Rua Beiramar sn, San Ciprián.

Sete xeracións de madeira, sal e paixón polo mar. 🪵🌊A carpintería de ribeira non é só un oficio: é a alma viva da Mariña...
01/09/2026

Sete xeracións de madeira, sal e paixón polo mar. 🪵🌊
A carpintería de ribeira non é só un oficio: é a alma viva da Mariña e a memoria dos nosos pobos costeiros. No xornal La Voz de Galicia, Martín Fernández recolle a historia desta arte na nosa comarca e o legado que mantemos vivo desde San Ciprián.
Desde Roque de Fra, que erixía quechemarins na praia, ata o taller fundado en 1941 por Francisco Fra Cortiñas, a nosa estirpe leva xeracións dando forma á madeira para desafiar o mar. Barcos emblemáticos como o Co**ha (1966), o El Jesús José (1967) ou o Nueva Luz (1988) levaron a pegada do noso traballo polo Cantábrico adiante.
Hoxe, sete xeracións despois, o noso asteleiro continúa como gardián dun oficio milenario. Desde a Fundación Astilleiros Fra seguimos loitando cada día para que esta sabedoría, a nosa historia e a memoria viva do noso mar non se perdan no esquecemento.
A madeira segue viva. O oficio continúa. ⚓
📍 San Ciprián , A Mariña Lucense
📸 La Voz de Galicia / Arquivo Familiar

21/08/2026

O carpinteiro de ribeira Francisco Fra falará este xoves no Museo do Mar sobre o negocio familiar xunto a José de Cora

Hoxe no Museo do Mar as 19:30👇👇
20/08/2026

Hoxe no Museo do Mar as 19:30👇👇

🗣️ Un asteleiro de carpinteiría de ribeira con moita historia: o carpinteiro de ribeira Francisco Fra fala este xoves no Museo do Mar sobre o negocio familiar xunto a José de Cora

🔗 O link á noticia, no primeiro comentario 👇

⚓🚢 220 ANOS DE HISTORIA 🚢⚓O xoves 20 de agosto, ás 19:30h, o Museo do Mar de San Ciprián acolle un momento moi especial:...
16/08/2026

⚓🚢 220 ANOS DE HISTORIA 🚢⚓

O xoves 20 de agosto, ás 19:30h, o Museo do Mar de San Ciprián acolle un momento moi especial: o 220 aniversario da construción do quechemarín «Dulce Nombre de Jesús».

Dous séculos de historia naval e de oficio en Asteleiros Fra, carpinteiros de ribeira desde 1806 en San Ciprián. 🌊

🎬 Presentaremos o documental sobre a traxectoria do estaleiro nestes 220 anos, con José de Cora e Francisco Fra.

📍 Museo do Mar de San Ciprián 🗓️ Xoves 20 de agosto · 19:30h 🎟️ Entrada libre

Organiza: Fundación Asteleiros Fra Colabora: Rede Museística Provincial de Lugo

Esperámoste para celebrar xuntos unha historia que segue navegando. ⛵✨

—

17/07/2026

Dolores García Caramés y Alfonso Rueda analizaron las inversiones desarrolladas en colaboración entre ambas administraciones y avanzaron en las actuaciones p...

Hoxe compartimos unha gran nova para a nosa historia e para o futuro da carpintería de ribeira! 🪵⚓O presidente da Xunta ...
17/07/2026

Hoxe compartimos unha gran nova para a nosa historia e para o futuro da carpintería de ribeira! 🪵⚓

O presidente da Xunta Alfonso Rueda achegouse ao concello para presentarlle de primeira man á nosa alcaldesa, Dolores Garcia Carames , o proxecto da escola de carpintería de ribeira. Un impulso fundamental que coincide cun ano moi especial: cúmprense 220 anos do primeiro navío rexistrado por Asteleiros Fra (1806), construído polo mestre Roque de Fra, sendo unha das sagas familiares mais lonxevas de Galicia.

Dende aquela, a nosa familia formou a xeracións de carpinteiros na desembocadura do río Cobo, dando vida a embarcacións de cabotaxe, pesca e caza da balea. Sendo así que o apelido Fra ten as súas raíces naqueles cofrades e mariñeiros de Iparralde que se chamaban “irmáns” (frates) entre si e adoptaron ese tratamento de frade como apelido. 🌊

A Construción do novo Asteleiro Escola non é un proxecto calquera; é un proxecto de país que ademáis de manter vivo o patrimonio marítimo, entre outras cousas manten en uso palabras notas como a aixola, o xenol ou a frasquía, que detallan con precisión os procesos constructivos e de diseño das embarcacions propias da nosa costa. Desde aquí queremos dar as grazas ao Concello de Cervo e ás máis de vinte entidades (como a RAG, o Museo do Pobo Galego ou a Universidado da Coruña) polo seu apoio institucional nesta singradura. ⛵✨

OficiosTradicionais

Tal día coma hoxe, o 22 de xaneiro de 1806, quedaba rexistrado co folio 40 do porto de San Cipriáno quechemarín Dulce No...
22/01/2026

Tal día coma hoxe, o 22 de xaneiro de 1806, quedaba rexistrado co folio 40 do porto de San Ciprián
o quechemarín Dulce Nombre de Jesús, unha pequena embarcación de madeira construída nos
estaleiros de Fra, no lugar das Laxes, polo mestre carpinteiro Roque de Fra. O barco fora encargado
por Andrés Martínez Blanco, veciño da vila, e tiña un porte de 25 toneladas, as súas dimensións 23
codos de quilla, 8 codos de manga e de puntal 3 codos e 9 pulgadas.
Os quechemaríns eran pequenas embarcacións de cabotaxe empregadas na costa cantábrica e na
Bretaña francesa. Arbolaban dous mastros con velas ao tercio, unha pequena mesana á popa e
algúns foques no botalón de proa, os cales melloraban o goberno da embarcación cando navegaba de ceñida. Con bo tempo engadíanse unhas gavias volantes. Como no Cantábrico o tempo pode
afrescar bruscamente, estas gavias podían arriarse rapidamente, e mesmo recoller os foques,
quedando o barco con trinquete e maior, cos rizos tomados.
A tripulación estaba formada polo patrón e catro ou cinco mariñeiros. A súa ruta abranguía todo o
Cantábrico e a costa galega. Durante o século XIX, estas embarcacións estiveron estreitamente
vinculadas á Fábrica de Fundición e Loza do Marqués de Sargadelos, da que o porto de San Ciprián
era o principal punto de embarque e desembarque de mercadorías. Os Quechemaríns transportaban
carbón mineral, procedente de portos como Avilés ou San Juan de la Arena, imprescindible para o
funcionamento dos fornos da fábrica, e que posteriormente era levado en carros de bois ata
Sargadelos.

Pero o tráfico marítimo asociado á fábrica non se limitaba ao carbón. A través do porto de San Ciprián
entraban tamén vena de ferro, pedra caliza, sal, aceite, trigo, avea, viño e outras mercadorías, necesarias
tanto para os procesos industriais como para o abastecemento da poboación. Así mesmo, existe constancia
documental de que estes barcos transportaron munición con destino á Armada, dentro das rutas e servizos
ligados á actividade da fábrica e ao porto de San Ciprián. Ademais do comercio industrial, os
quechemaríns tamén participaron no transporte de pedra de granito, empregada para empedrar as rúas de
cidades como Oviedo, así como para obras en Luarca, Cedeira, Ferrol e para a construción da igrexa de
Santa Marta de Ortigueira.
A conmemoración destes 220 anos de historia documentada é, ao tempo, unha homenaxe os carpinteiros
de Ribeira e a todas as persoas que, desde os estaleiros, os portos e as tripulacións, fixeron posible a
continuidade dunha tradición que forma parte da identidade de San Ciprián. Lembrar esta historia é
recoñecer o papel da construción naval tradicional como piares da nosa historia marítima e como legado
cultural que merece ser preservado e transmitido ás futuras xeracións.

-Ilustracions de Roberto Hernández “El Ilustrador de barcos”.

¡A la mar madera ! 🌊🔨Este pasado fin de semana, o xornal de La Voz de Galicia Ferrol facíase eco da importancia da carpi...
23/12/2025

¡A la mar madera ! 🌊🔨
Este pasado fin de semana, o xornal de La Voz de Galicia Ferrol facíase eco da importancia da carpintería de ribera en Galicia, destacando o noso compromiso en Asteleiros Fra. Como ben sinala o artigo de Raúl Villa, o noso oficio non é só técnica, é identidade e patrimonio vivo.
Tras o incendio de 2023, a nosa misión fortaleceuse. Non só queremos reconstruír un asteleiro; estamos a levantar un museo-escola para que o saber de sete xeracións non se perda e se abra ás novas tecnoloxías e á formación de futuros profesionais.
Galicia posúe o 70% do censo de embarcacións de madeira de España. Proxectos coma o noso son vitais para que esta cifra deixe de descender e a arte “de ribera” siga navegando con forza.
Grazas a todos polo apoio constante neste camiño de reconstrución! ⚓️

¡Á mar madeira! 🌊🔨Este pasado fin de semana, o xornal A Voz de Galicia facíase eco da importancia da carpintería de ribe...
23/12/2025

¡Á mar madeira! 🌊🔨
Este pasado fin de semana, o xornal A Voz de Galicia facíase eco da importancia da carpintería de ribera en Galicia, destacando o noso compromiso en Asteleiros Fra. Como ben sinala o artigo de Raúl Villa, o noso oficio non é só técnica, é identidade e patrimonio vivo.
Tras o incendio de 2023, a nosa misión fortaleceuse. Non só queremos reconstruír un asteleiro; estamos a levantar un museo-escola para que o saber de sete xeracións non se perda e se abra ás novas tecnoloxías e á formación de futuros profesionais.
Galicia posúe o 70% do censo de embarcacións de madeira de España. Proxectos coma o noso son vitais para que esta cifra deixe de descender e a arte “de ribera” siga navegando con forza.
Grazas a todos polo apoio constante neste camiño de reconstrución! ⚓️

🌊⚓ Hoxe Asteleiros Fra aparece en El País, nunha reportaxe dedicada á carpintaría de ribeira en Galicia.Un oficio con sé...
28/09/2025

🌊⚓ Hoxe Asteleiros Fra aparece en El País, nunha reportaxe dedicada á carpintaría de ribeira en Galicia.
Un oficio con séculos de historia que segue vivo grazas á paixón, ao esforzo e ao amor pola madeira e polo mar.

No noso estaleiro de San Ciprián levamos 219 anos e 7 xeracións dedicadas a dar forma a barcos que son parte da nosa cultura mariñeira.

🙏 Grazas a todas as persoas que valoran e apoian este patrimonio, porque manter viva a carpintaría de ribeira é tamén manter viva a memoria das nosas costas.

📖 Podedes ler o artigo completo en El País e acompañarnos nesta viaxe de tradición e futuro.

Dirección

Rua Beiramar Sn
San Ciprián
27890

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asteleiros Fra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir