18/01/2017
Nestes días de friaxe, querémosvos recomendar un album ilustrado que narra a transición á vida adulta dunha nena, Candela, que nace no mar e que sempre sentirá unha fonda atracción cara el que a levará a descubrir os misterios que agochan as súas profundidades. Trátase de "GLUP!" de Daniel Piqueras Fisk, publicado pola editorial Narval. Unha marabilla. Non volo perdades!