ElMuelle1931.shop

ElMuelle1931.shop Vinilos • Casetes • Autoedición

°The soundtrack of our bar, founded by our grandfather in 1931

NEWS│NOVAS  #113 ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉) Vilhelm Bromander + Fredrik Rasten / Aftermath And Transitions / Enno Velth...
07/06/2026

NEWS│NOVAS #113 ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉) Vilhelm Bromander + Fredrik Rasten / Aftermath And Transitions / Enno Velthuys / Heith & Tarawangsawelas / Jon Collin / Early Music / No You / Carla dal Forno / Dagmar Zuniga / Nashpaints / Who Cares? / Anichy & Lyemn / Shaking Hand / Prism Shores / Bikini Mutants / T.N.T. / أحمد [Ahmed] /Back In Stock / Last Weeks...

CXIII

NEW IN│NOVIDADES ➤

Vilhelm Bromander + Fredrik Rasten – Astral Twins (Fönstret, 2026)

Various – Aftermath And Transitions (Traces Of The Ukrainian Underground In Cologne 1994-1996) (Stroom, 2026)

Enno Velthuys – Music From The Other Side Of The Fence (Stroom, 2026)

Heith & Tarawangsawelas – Duori (Stroom, 2026)

Jon Collin – High Peak Selections (Early Music, RE 2026)

Jon Collin – Early Music (Early Music, RE 2026)

Early Music – Old Strings CS (Early Music, 2026)

No You – No You (VP Texi, 2026)

Carla dal Forno – Confession (Kallista Records, 2026)

Dagmar Zuniga – In Filth Your Mystery Is Kingdom / Far-Smile Peasant In Yellow Music (AD 93, 2026)

Nashpaints – Everyone Good Is Called Molly (MirrorWorld, 2026)

Who Cares? – Who Cares? (Purely Physical Teeny Tapes, 2026)

Anichy & Lyemn – Anichy & Lyemn (Fabrique d’Instruments, 2026)

Shaking Hand – Shaking Hand (Melodic, 2026)

Prism Shores – Softest Attack (Meritorio Records, 2026)

Bikini Mutants – Let's Mutate (Sealed Records, 2026)

T.N.T. – Manifiesto Guernika (Beat Generation, RE 2026)

 [Ahmed] – Sama'a (Audition) (Otoroku, 2025)

(...)

28/05/2026

ºLEDA – LAST

Discreet Music / Sweden / 2026 / CS

*Last Copies!

Sofie Herner é, sen dúbida, unha das figuras fundamentais para entender cara a onde se moveu o underground sueco nos últimos anos. Coñecémola ben polas súas múltiples encarnacións en proxectos coma Enhet För Fri Musik, Neutral ou Eternal Music Society (proxectos dos que aínda nos quedan algunhas copias en stock na tenda!), pero é baixo o alias de Leda onde o seu instinto musical se amosa de forma máis libre e radical.

Esta nova casete supón o seu regreso tras dous anos de silencio e afonda nesa frecuencia tan disonante e particular á que nos ten afeitos. Fronte a nós despréganse 33 minutos de música esquelética construída con bucles de guitarra, drone, repetición e ráfagas de feedback. Unha deconstrución do rock totalmente primitiva, gravada en Malmö de forma case artesanal, onde o zumbido constante crea unha atmosfera industrial e magnética.

Un manifesto de anti-rock cru, sen filtros nin concesións, recomendada para os amantes do ruidismo de seis cordas na busca de propostas que operan fóra de calquera norma.

Ultimísimas copias en stock desta edición limitada de 150 copias.

Thanks:   .gbg


*Join our mailing list!

 ϟ Link in bio

NEWS│NOVAS  #112 ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉) Ratvader / Shadow Pattern / Thorn Wych / His Name Is Alive / Crys Cole & Or...
24/05/2026

NEWS│NOVAS #112 ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉) Ratvader / Shadow Pattern / Thorn Wych / His Name Is Alive / Crys Cole & Oren Ambarchi / Giuseppe Ielasi / Glissandro 70 / Health & Safety / Pharoah Chromium / Praed Orchestra! / DJ Sniff / Dark Entries Records / Knotwilg Records / Back In Stock / Last Weeks...

CXII

NEW IN│NOVIDADES ➤

Ratvader – Kite (Frihetens Förlag, 2026)

Shadow Pattern – Live At Somewhere (Discreet Music, 2026)

Thorn Wych – Aesthesis (Hood Faire, RE 2026)

His Name Is Alive – Livonia (4AD, RE 2026)

His Name Is Alive – Home Is In Your Head (4AD, RE 2026)

His Name Is Alive – Mouth By Mouth (4AD, RE 2026)

Crys Cole & Oren Ambarchi / Giuseppe Ielasi – Sparkling Or Silent / Unfamiliar Music (Paris) (Portraits GRM, 2026)

Glissandro 70 – G70 2: Bones Of Dundasa (Constellation, 2026)

Health & Safety – Health & Safety (Left, 2026)

Pharoah Chromium – Chronicles from the Arab Cold War (Discrepant, 2026)

Praed Orchestra! – The Dictionary Of Lost Meanings (Discrepant, 2025)

DJ Sniff – Turntable Solos (Discrepant, 2025)

NEW │DARK ENTRIES ➤

K.A. Posse – Strikes Again (Dark Entries, 2026)

K. Alexi – Warehouse Trax (Dark Entries, 2026)

Spider Taylor – Surge Studio Music (Dark Entries, RE 2026)

Brandy Dalton – Fallen Angel (Dark Entries, RE 2026)

Vox Populi! – Sucre De Pastèque (Dark Entries, RE 2025)

Borghesia – Clones (Dark Entries, RE 2025)

Various – Back Up: Mexican Tecno Pop 1980-1989 (Dark Entries, 2021)

NEW │KNOTWILG RECORDS ➤

TOMO – Wheel Of Life (Knotwilg, 2026)

Eternal Music Society – Eternal Music Society (Knotwilg, 2026)

Hellvete – Live In Meetkerke (Knotwilg, 2025)

Surface Of The Earth – In Colour (Knotwilg, 2025)

Eric Craven – Relay (Knotwilg, 2025)

TOMO – Vielle-Electronica (Knotwilg, 2024)

Alien Space Wreck – Alien Space Wreck (Knotwilg, 2024)

pFeM – Before Rising Waters (Knotwilg, 2024)

(...)

17/05/2026

ºVARIOUS – COLONIAL VIPERS

Dead Mind Records / Netherlands / RE 2026

Publicada orixinalmente en 1982 polo selo Trumpett, a casete ‘Colonial Vipers’ ofreceu unha ampla panorámica da escena home-taping holandesa no seu apoxeo creativo. Sendo unha das primeiras compilacións do seu xénero, reuniu a unha comunidade de artistas do underground con pezas maioritariamente exclusivas. Esta reedición selecciona 13 daqueles cortes, condensando a enerxía experimental que definiu a época.

O disco recolle a aportación de proxectos clave de Trumpett como Ende Shneafliet, coas súas estrañas composicións de minimal synth, ou Doxa Sinistra, entrelazando cold wave e electrónica. Atópanse tamén formacións como Van Kaye & Ignit, Nice Circles ou The Actor, cuxos ritmos contaxiosos encarnan a ética DIY do período. Pola súa banda, as achegas de Genetic Factor, Det Wiehl, De Fabriek ou Muziekkamer exploran texturas atmosféricas que desdibuxan a fronteira entre a vangarda e o son industrial concreto.

Editada por primeira vez en vinilo por Dead Mind Records, esta versión revisada preserva a atmosfera mecánica e enxeñosa que converteu a aquela casete orixinal nunha alfaia oculta do underground europeo. Un documento esencial para os entusiastas da minimal wave e os interesados nos sons pioneiros do post-punk holandés.

Thanks:



*Join our mailing list!

 ϟ Link in bio

15/05/2026

NEW│LAST WEEKS ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)

New Records in Stock! Reposicións e novas reedicións, moitos títulos novos nas nosas cubetas e nas paredes da nosa tenda. Todos están dispoñibles na tenda física e en liña!

Nestas últimas semanas as nosas estanterías enchéronse de novidades que transitan entre o misticismo e a vangarda máis crua. Desde o post-punk esquivo de Bar Italia ata os densos muros de son de Sunn O))) ou as atmosferas nocturnas de Hilary Woods. Unha selección que viaxa desde o violonchelo de Emily Wittbrodt e o piano de Aleksandra Ionowa ata as estimulantes exploracións sonoras de selos como Ultraääni ou Fourth Dimension Records.

Visítanos no número 57 da Rúa de San Pedro, onde atoparedes o noso pandemonium particular de músicas ocultas. Un catálogo único de insólitas propostas sonoras de todo o mundo (moitas nas súas últimas copias en stock) adicado ao efémero da cultura underground.  

ºEmily Wittbrodt – Wearing Words (Futura Resistenza, 2026)

ºSunn O))) – Eternity's Pillars B/W Raise The Chalice & Reverential (Sub Pop, 2025)

ºBar Italia – Some Like It Hot (Matador, 2025)

ºHilary Woods – Night CRIÙ (Sacred Bones, 2025)

ºVarious – When Worlds Collide (Fourth Dimension Records, 2025)

ºFysiikka & Kemia – Biologia (Ultraääni, 2025)

ºPhardah – Humans And Beings (Ultraääni, 2025)

ºAleksandra Ionowa – Improvisations on the Grand Piano (Ultraääni, RE 2025)

*Something out of stock? let us know if you’d like it restocked / please feel free to ask if we have any copies left in the storage room ⍨

Thanks:   



*Join our mailing list!

 ϟ Link in bio

14/05/2026

NEW│LOST & FOUND ➤

"Deadstock gems and rare finds, recovered and back on the shelves. Very limited stock — last chance!"

ºArianne Churchman & Benedict Drew – May

Un "Edén Electrónico" que reimaxina o folclore inglés. Este dobre LP fía sintetizadores analóxicos, gravacións de campo e voces envolventes nunha colaxe que transmuta a canción tradicional en psicodelia visionaria e ritmos que inducen ao trance.

ºSternpost – Ulrika

Unha xoia de beleza sutil e luminosa. Petter Herbertsson asina unha obra mestra de pop de cámara con arranxos exuberantes de clavecín, vibráfono e guitarras que se entrelazan evocando a sensibilidade de Robert Wyatt ou ao Brian Wilson máis detallista dos 70.

ºIndustrial Sponge – Industrial Sponge

"Industrial reptiliano" rescatado dunha casete de 1985. Un artefacto ruidoso e antisocial que cruza o dub abrasivo de Adrian Sherwood co synth-punk máis retranqueiro, destilando o espírito libre e indomable do underground de Washington naquela década.

ºRat Henry – Material Pop Volume One

Un debut fraguado dende a memoria estática e o underground de Brooklyn. Ray Zarnowitz sintetiza o post-punk e o noise nun caldo de cultivo turbio, onde a canción de autor máis honesta e desprovista de artificios brilla entre bucles de cinta. Unha proposta sinceIra que lembra ao John Cale máis experimental baixo o prisma do DIY británico.

ºLinda Smith – Love Songs For Laughs

Reedición en casete deste clásico de 1989 gravado nunha Tascam de 4 pistas. Pop íntimo e case confidencial que xera unha conexión única co oínte. Inclúe unha versión mega adictiva das Raincoats.

ºLinda Smith – Put It In Writing

Casete orixinal de 1991. Unha peza clave do bedroom pop onde Linda exerce de muller-orquestra, facturando melodías minimalistas e artesanais coa axuda de Nancy Andrews.

ºLinda Smith – Untitled 1-10 Plus 1

Dez pezas instrumentais gravadas en 2020 con Audacity, teclados Yamaha, guitarras e samples. Unha exploración sonora de texturas envolventes cheas de matices.

Thanks: .sternpost

13/05/2026

ºMISHA PANFILOV – TO BLUE FROM GREY IN MAY

Ultraääni / Finland / 2025

En To Blue From Grey In May, o estoniano Misha Panfilov afástase das súas habituais paisaxes cinematográficas para centrarse nun proceso de gravación absolutamente artesanal. O álbum naceu a pasada primaveira en diversos currunchos de Tallin, en espazos improvisados fóra do estudio onde Panfilov buscaba simplemente estar a soas cos seus instrumentos mentres a cidade e a natureza espertaban tras o inverno.

Son catro composicións electroacústicas que evolucionan sen présa, máis interesadas no propio movemento do son que en seguir unha estrutura ríxida. Panfilov decidiu non utilizar loops nin secuenciadores, tocando cada instrumento a man: mellotron, órganos, piano, harmonio, baixo, percusión e sintetizadores. Ao superpoñer estas capas en tempo real e sen manipulación dixital, a música conserva un rastro humano, lixeiramente irregular, que fai que cada peza se sinta viva.

O álbum foi lanzado fai uns meses por Ultraääni, pequeno selo independente de Tampere activo desde 2016 e dirixido polo artista visual Arsi Keva. As súas edicións -aínda dispoñibles na nosa tenda- adoitan aparecer en tiraxes moi limitadas e con cubertas serigrafadas artesanalmente, movéndose entre o jazz experimental, o ambient, a improvisación libre e a electrónica máis orgánica. Nos últimos anos publicaron traballos de artistas como Lightman, Fysiikka & Kemia, Olli Aarni, Aleksandra Ionowa, Oiro Pena, Solar Unity Ensemble ou Phardah, consolidando un catálogo coherente arredor da exploración sonora e os procesos de gravación directos e pouco intervidos.

Moi pronto incorporaremos ao noso catálogo as últimas novidades publicadas en casete por este imprescindible selo.

Thanks:  



*Join our mailing list!

 ϟ Link in bio

NEW │BYG & CHARLY RECORDS ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)Aínda nos quedan en stock algunhas copias das reedicións imprescind...
12/05/2026

NEW │BYG & CHARLY RECORDS ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)

Aínda nos quedan en stock algunhas copias das reedicións imprescindibles do catálogo de BYG & Charly Records.

Para quen non coñeza a serie Actuel de BYG, falamos de gravacións fundamentais da vangarda e o Free Jazz de finais dos 60 e principios dos 70: discos que redefiniron a música improvisada e a creación colectiva. Xunto ás reedicións de Charly Records, estes lanzamentos recuperan o son e a estética orixinal de álbumes que marcaron un antes e un despois.

Se buscas Free Jazz e experimentación, psicodelia progresiva ou folk de culto, esta selección é para ti. Títulos clave de figuras como Anthony Braxton, Art Ensemble of Chicago ou Gong, editados co coidado que merecen estas obras.

Podes atopalos na nosa tenda online ou no número 57 da Rúa de San Pedro:

ºJacques Coursil – Black Suite (BYG & Charly Records, RE 2026)

ºAnthony Braxton – B-X0 NO-47A (BYG & Charly Records, RE 2025)

ºArt Ensemble Of Chicago – A.A.C.M., Great Black Music: Reese And The Smooth Ones (BYG & Charly Records, RE 2025)

ºArt Ensemble Of Chicago – Message To Our Folks (BYG & Charly Records, RE 2024)

ºThe Art Ensemble Of Chicago – A.A.C.M., Great Black Music: A Jackson In Your House (BYG & Charly Records, RE 2024)

ºSun Ra & His Solar-Myth Arkestra – The Solar-Myth Approach Vol. 1 (BYG & Charly Records, RE 2024)

ºDon Cherry – "Mu" Second Part (BYG & Charly Records, RE 2024)

ºDon Cherry – "Mu" First Part (BYG & Charly Records, RE 2024)

ºArchie Shepp – Poem For Malcom (BYG & Charly Records, RE 2024)

ºArchie Shepp – Yasmina, A Black Woman (BYG & Charly Records, RE 2024)

ºArchie Shepp – Blasé (BYG & Charly Records, RE 2023)

ºMusica Elettronica Viva – The Sound Pool (BYG & Charly Records, RE 2023)

ºGong – Magick Brother (BYG & Charly Records, RE 2022)

ºThe Red Crayola With The Familiar Ugly – The Parable Of Arable Land (Charly Records, RE 2025)

ºTownes Van Zandt – For The Sake Of The Song (Poppy & Charly Records, RE 2025)

ºTownes Van Zandt – Flyin' Shoes (Poppy & Charly Records, RE 2025)

Thanks:



*Join our mailing list!

 ϟ Link in bio

NEWS│NOVAS  #111 ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉) Ben Vida / Schatterau / DJs Di Guetto / Circle Bros / Thomas Bush / Édition...
10/05/2026

NEWS│NOVAS #111 ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉) Ben Vida / Schatterau / DJs Di Guetto / Circle Bros / Thomas Bush / Édition d’Art / Juho Toivonen & Civilistjavel! / Alex Zhang / Mel Keane / Jeanne Gorisse / SQ Mice / Telectu / Anar Band e E. M. de Melo e Castro / Elizabeth Davis / Vic Bang / Olli Aarni / Museum Of No Art & Mitko Mitkov / Tózé Ferreira /  Buh Records / Stoned To Death Records  / Back In Stock / Last Weeks...

CXI

NEW IN│NOVIDADES ➤

Ben Vida – Oblivion Seekers (Shelter Press, 2026)

Schatterau – Wir Gingen Durch Leere Stunden (Hands In The Dark, 2026)

DJs Di Guetto – DJs Di Guetto II (Príncipe, 2026)

Circle Bros – Wade (Morc Records, 2026) 

Thomas Bush – Rejoining (Kashual Plastik, 2026) 

Édition d’Art – Déploiement de L’Immuable (Kashual Plastik, 2026) 

Juho Toivonen / Civilistjavel! – Juho Toivonen / Civilistjavel! (Kashual Plastik, 2026) 

Alex Zhang Hungtai –  Dras (Shelter Press, 2026) 

Mel Keane – PIPEWORX (Deardogs, 2026) 

Jeanne Gorisse – Moires (Les Disques Omnison, 2026) 

SQ Mice – SQ Mice (Disques De La Spirale & Protopost, 2026) 

Telectu – Performance IV Bienal De Cerveira (Holuzam, RE 2026)

Anar Band e E. M. de Melo e Castro – Dou Dou Doudo: Ao Vivo Na Cooperativa Árvore (Holuzam, 2026)

Elizabeth Davis – Flowers (South Of North, 2026) 

Vic Bang – Oda (Mondoj, 2026)

Olli Aarni – Dimension Scrolling (Mondoj, 2025)

Museum Of No Art & Mitko Mitkov – Swimming Pool Reflections (Mondoj, 2025)

Tózé Ferreira – Música De Baixa Fidelidade (Holuzam, RE 2025)

NEW │STONED TO DEATH ➤

Steenkiste & Bischoff – Steenkiste & Bischoff (Stoned To Death, 2025)

Marie Vermont – Einheitliches Geschirr (Stoned To Death, 2025)

Glasspack – Rarefied Airs (Stoned To Death, 2025)

Gnäw – Gnäw II (Stoned To Death, 2025)

Kult Masek & Petr Vrba – Čtyři Esa (Stoned To Death, 2025)

Rolba – Rolba (Stoned To Death, 2025)

No Points – Weekend Warriors (Stoned To Death, 2025)

Torso – Set Out  (Stoned To Death, RE 2024)

Laurențiu Coțac / Zach Rowden – Elliptical Gloom (Stoned To Death, 2024)

Shakali – Metsä Henkii (Stoned To Death, 2024)

Jah Cuzzi – Panic! At The Conservatory (Live Session) (Stoned To Death, 2023)

(...)

06/05/2026

ºWHO`S THE TECHNICIAN? – ?

Wah Wah Wino / Ireland / 2025 / 12"

Hai selos que operan con tal nivel de fiabilidade que os seus lanzamentos adoitan esgotarse antes de que moitos se decaten de que o disco saíu á rúa. Wah Wah Wino é, posiblemente, o colectivo vinculado á electrónica mutante das marxes máis coleccionable do noso tempo, e este último lanzamento -unha colección de pistas de electro ácido envoltas en misterio- é a proba definitiva do seu estado de graza actual.

Baixo este proxecto sen acreditar (aínda que moitos intúan quen está detrás das máquinas), atopamos case 40 minutos de bleeps, cortes rítmicos e unha enerxía contundente. É un traballo que funciona como o compañeiro perfecto para os clásicos do electro minimalista de mediados dos 90 ou as xoias máis escuras do techno-pop primitivo, pero cunha dentada moito máis agresiva e contemporánea.

Trátase dunha reposición moi limitada dunha das pezas máis buscadas do selo, polo que limitamos a venda a unha copia por persoa para que poida chegar a máis mans.

Thanks:



*Join our mailing list!

 ϟ Link in bio

Dirección

Rúa De San Pedro, 57
Santiago De Compostela
15703

Horario de Apertura

Lunes 17:00 - 21:00
Martes 17:00 - 21:00
Miércoles 17:00 - 21:00
Jueves 17:00 - 21:00
Viernes 17:00 - 21:00
Sábado 11:00 - 13:30
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ElMuelle1931.shop publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a ElMuelle1931.shop:

Compartir