02/09/2026
Pacto de silencio, Ana Viéitez
Acabo de ler esta novela que é thriller e máis de misterio (volvín) buscar a diferencia e cumple os dous: hai un crime por resolver e tamén hai perigo e tensión sobre as protagonistas.
Despois de que apareza asasinado un home (cara de alivio por que non sexa, unha vez máis, unha muller), ponse en marcha a maquinaria detectivesca por parte de varias xornalistas tratando de compoñer as pezas dunha trama en dous actos separados por 8 anos e en varias localidades galegas (cara de amor por atopar localizacións achegadas e coñecidas na ficción)
Pero esta novela, galega e altamente aditiva, tívome tres noites ate a 1 da mañán (eu que caio ás 23:30h), ten máis elementos que fan que non teña que estar obviando para ter unha lectura continuada e pracenteira (cara de alivio).
Do que máis gostei foi da complicidade, bo trato e apoio entre as mulleres da historia. Non entre todas, tamén hai vilás, pero si entre a maioría que tecen lazos de afecto e/ou laborais. E isto, é incrible, pero aínda sorprende atopalo na ficción-cara de sorpresa indignada. Este asunto a min en concreto me produce tranquilidade e mesmo me sube a autoestima.
Tamén houbo algún aspecto que non me gustou de todo pero isto só o comentarei en persoa e con persoas que xa teñan lido o libro (cara de gardar un secreto).
Recomendamos, pois a súa lectura.