12 Comercios 12 Sensibilidades

12 Comercios 12 Sensibilidades 💜 | Campaña do comercio local: economía circular e compromiso social.
📍 Santiago de Compostela

👉 Por que visitar Farmacia Rosa Vázquez este mes de setembro?Este mes a farmacia convértese nun punto de encontro para c...
05/09/2026

👉 Por que visitar Farmacia Rosa Vázquez este mes de setembro?

Este mes a farmacia convértese nun punto de encontro para coñecer e apoiar o traballo de ASOCIACION PALUSO 🕊️

Podedes achegarvos para:

💚 Coñecer a Farmacia Rosa Vázquez de primeira man.

📍 Visitar o PUNTO INFORMATIVO de PALUSO e coñecer o labor que realiza a asociación acompañando ás persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

🎤 XOVES 10 DE SETEMBRO | 19:30 h.
Charla “Que é PALUSO”, da man de Chus Iglesias, na propia Farmacia Rosa Vázquez. Prazas limitadas, reserva a túa na ligazón da bio 🔝

🥫 DURANTE TODO O MES
Recollida de alimentos non perecedoiros para colaborar con PALUSO e apoiar ás familias que máis o necesitan.

🛍️ VENRES 25 DE SETEMBRO | 17:00 h.
Mercadiño Solidario na Praza Roxa, unha nova oportunidade para achegarse, participar e colaborar coa asociación. Precísanse doazóns de roupa, complementos, bisutería, xoguetes... para vender no mercadillo. Achégaas á farmacia!

🎟️ SORTEO DO MES: unha cesta ben xeitosa con produtos cosméticos. ✨

💜 Achegádevos, participade e sumade compromiso. Porque tamén desde o comercio de proximidade podemos apoiar, visibilizar e construír comunidade.

ℹ️ Unha campaña de Comercio Santiago e Concello de Santiago

👏🏻👏🏻👏🏻
05/09/2026

👏🏻👏🏻👏🏻

🛍️A Asociación Paluso e a Farmacia Rosa Vázquez, protagonistas da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” en setembro

🗣️A concelleira María Rozas presentou as actividades do mes e volveu mostrar a súa satisfacción pola boa acollida que está a ter o programa

🔗 https://i.gal/OpRuH

🤗 Nova colaboración solidaria! Este mes de setembro, Farmacia Rosa Vázquez únese a ASOCIACION PALUSO dentro da campaña  ...
02/09/2026

🤗 Nova colaboración solidaria! Este mes de setembro, Farmacia Rosa Vázquez únese a ASOCIACION PALUSO dentro da campaña , nunha colaboración que pon o foco nos coidados, a solidariedade e o apoio ás persoas que máis o necesitan.

🌿 Farmacia Rosa Vázquez é un establecemento sanitario de proximidade especializado en medicina natural, dermocosmética natural e aromaterapia bio. Ademais do asesoramento farmacéutico personalizado, aposta por un enfoque integral do benestar, promovendo hábitos de vida saudables e un coidado respectuoso coas persoas e co medio ambiente.

💚 PALUSO é unha asociación compostelá que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade social, ofrecendo apoio alimentario, acompañamento e recursos básicos ás familias que máis o precisan. O seu labor baséase na solidariedade, a dignidade e o compromiso coa inclusión social.

🥰 Durante todo o mes, a farmacia abrirá as súas portas para achegar o traballo de PALUSO á cidadanía e sumar novas formas de colaborar e apoiar a súa causa.

ℹ️ Unha campaña de Comercio Santiago e Concello de Santiago

20/08/2026

💛 Hoxe encheuse de solidariedade, cor e sorrisos!
🛍️ Comezamos o Mercadillo Solidario de , unha oportunidade para colaborar coa asociación e apoiar a importante labor que realiza acompañando ás crianzas e adolescentes con cancro e ás súas familias.
🎨 E pola tarde, a solidariedade saíu á rúa co Pintacaras de ASANOG, que encheu de cor e ilusión a tarde das máis pequenas e pequenos. ✨
Grazas a todas as persoas que vos achegastes, participastes e contribuístes a facer posible esta tarde tan especial. 🥰

👉 E lembrade! Mañá venres 21, o Mercadillo Solidario continúa en Tralalá durante tooodo o día. Achegádevos, colaborade e axudádenos a seguir facendo rede! 💜

ℹ️ Unha campaña de e

19/08/2026

💛 En agosto, Tralalá ten unha misión moi especial.

Este mes, colabora con unha entidade que acompaña ás crianzas e adolescentes con cancro e ás súas familias.

👉 Podedes achegarvos á tenda para coñecer o punto informativo de ASANOG, descubrir o seu traballo, participar nas actividades e colaborar coa súa causa a través dos produtos solidarios.

🎭 20 de agosto | 18:00 h → Pintacaras
🛍️ 20 e 21 de agosto → Mercadiño solidario

E, ademais, durante todo o mes podedes participar no sorteo da colaboración. 🎟️✨

Achégate a Tralalá, participa e axúdanos a seguir dando visibilidade a unha labor tan necesaria.

ℹ️ Unha campaña de e .

📆 Mañá, xoves 20 de agosto comezamos unha tarde para desfrutar en familia:🎭 PINTACARAS | 18:00 h📍 Carreira do CondeUnha ...
19/08/2026

📆 Mañá, xoves 20 de agosto comezamos unha tarde para desfrutar en familia:

🎭 PINTACARAS | 18:00 h
📍 Carreira do Conde
Unha tarde para encher de cor, imaxinación e sorrisos as caras das máis pequenas e pequenos da casa. ✨

E ademais...

🛍️ MERCADIÑO SOLIDARIO | 20 e 21 de agosto
Durante dous días poderedes achegarvos a Tralalá e colaborar con ASANOG a través das vosas compras, apoiando o importante labor que realiza acompañando ás crianzas e adolescentes con cancro e ás súas familias.

💜 Seguimos creando rede entre comercio local, entidades sociais e veciñanza.

ℹ️ Unha campaña de Comercio Santiago e Concello de Santiago.

14/08/2026

💛 Coñecer de primeira man para entender, acompañar e seguir facendo rede.

Durante a colaboración deste mes, Susana, de achegouse a para coñecer de preto o traballo que realizan e descubrir todo o que hai detrás do seu labor de acompañamento ás crianzas con cancro e ás súas familias.

Na súa visita á sede da asociación puido coñecer diferentes proxectos e, posteriormente, achegouse ao hospital, onde ASANOG crea espazos para que as crianzas ingresadas poidan seguir tendo momentos de xogo, creatividade e lecer: manualidades, papiroflexia, pintura, maxia e moitas outras actividades que axudan a facer máis amable a súa estancia.

💜 Porque acompañar tamén é conseguir que, mesmo nun momento difícil, haxa tempo para xogar, crear, sorrir e seguir sendo nenas e nenos.

ℹ️ Unha campaña de e .

🎨✨ Agosto chega cargado de actividades solidarias na tenda de moda infantil Tralalá moda infantil, que colabora con ASAN...
05/08/2026

🎨✨ Agosto chega cargado de actividades solidarias na tenda de moda infantil Tralalá moda infantil, que colabora con ASANOG Infancia con Cáncer Galicia:

🧵 6 de agosto | 11:00 h (Carreira do Conde con Xeneral Pardiñas)
TALLER DE PULSEIRAS E PAPIROFLEXIA, unha mañá creativa para que as crianzas e todas as persoas interesadas desfruten facendo manualidades nun ambiente divertido e solidario.

🎭 20 de agosto | 18:00 h
PINTACARAS, unha tarde chea de cor, imaxinación e sorrisos para as máis pequenas e pequenos da casa.

🛍️ 20 e 21 de agosto
MERCADIÑO SOLIDARIO: Dous días para colaborar con ASANOG e apoiar, a través das vosas compras, o seu importante labor acompañando ás familias que conviven co cancro infantil.

💜 Todas as actividades forman parte da colaboración solidaria deste mes entre Tralalá e ASANOG. Agardámosvos!

ℹ️ Unha campaña de Comercio Santiago e Concello de Santiago.

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando 12 Comercios 12 Sensibilidades publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir