11/09/2026
🌱 𝗗𝗮𝗾𝘂𝗶́𝗱𝗮𝗿𝗿𝗲𝗱𝗼𝗿, 𝘂𝗻 𝗿𝗲𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 𝗻𝗮 𝗹𝗼𝗶𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮 𝗼 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗲𝗿𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼 𝗮𝗹𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗿𝗶𝗼
A conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez, visitou en Brión as instalacións da Asociación Daquidarredor, onde coñeceu de primeira man o traballo que esta entidade desenvolve desde 2019.
🥕 Daquídarredor pon á disposición de pequenas produtoras e produtores 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼𝘀 𝗲 𝗰𝗼𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘂𝘀𝗼 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼, facilitando a transformación e comercialización de alimentos de proximidade en instalacións compartidas.
Durante a visita, a conselleira destacou especialmente o seu modelo de 𝗮𝗽𝗿𝗼𝘃𝗲𝗶𝘁𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗴𝗿𝗮𝗹 𝗱𝗮𝘀 𝗺𝗮𝘁𝗲𝗿𝗶𝗮𝘀 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗮𝘀, que permite reducir ao mínimo o desperdicio alimentario e xerar valor engadido no territorio.
🤝 Un proxecto asentado no Concello de Brión que aposta pola colaboración entre produtores, o consumo de proximidade e un mellor aproveitamento dos alimentos.
Desde o Concello valoramos o traballo de iniciativas como Daquídarredor, que contribúen a fortalecer o tecido produtivo local e a avanzar cara a modelos de produción máis eficientes e sostibles.
📍 Mais info:
🔗 https://i.gal/4eOS1
🔗 https://i.gal/J254F
🔗 https://i.gal/u9PAo