O Fogar Das Palabras

O Fogar Das Palabras O fogar das palabras fecha como libraría física, pero segue a traballar en proxectos culturais galegos, como os servizos de autoedición. Ler & Escribir.

O fogar das palabras fecha como libraría física, pero segue a traballar en proxectos culturais galegos, como os servizos de autoedición, ou as novas propostas de xogos de taboleiro culturais como Ophiusa: Xogo de cartas do Reino de Galiza.

OPHIUSA PREMIA A VOSA AXUDA: O primeiro xogo de cartas sobre a historia de Galiza precisa da vosa axuda Se queredes que ...
26/09/2014

OPHIUSA PREMIA A VOSA AXUDA: O primeiro xogo de cartas sobre a historia de Galiza precisa da vosa axuda Se queredes que saia a luz non tedes máis que reservar o voso exemplar e colaborar no noso crowfounding, todos aqueles que o fagades formaredes parte dos créditos como agradecemento. Lembrade que nos crowfounding so pagades no caso de conseguilo.
Para premiar a vosa axuda SORTEAMOS UN XOGO OPHIUSA entre todos aqueles de vos que simplemente deádeslle a Me Gusta na nosa páxina e compartades este enlace. Se es o afortunado e xa tes reservado o xogo, este vos sairache completamente gratuíto.
Entre todos podemos logralo!!! Axúdanos a correr a voz.

Ophiusa: A terra dos mil ríos. É un xogo de mesa para tódalas idades. Componse de 54 cartas que representan varios dos acontecementos máis destacados da sociedade, a cultura e a política galega.

25/09/2014

Ophiusa - A terra dos mil ríos. (Xogo de mesa da historia de Galiza).
Chega o pistoletazo de saída. Mañá, (venres día 26 as 10:00 a.m) dará comezo a través da plataforma Verkami o crowfounding co que entre todos poderemos facer posible este proxecto. Teremos ofertas únicas para os participantes, e especiais para librarías. Tamén teremos un concurso no que poderedes gañar algún que outro xogo de balde. Permanecede atentos as vosas pantallas.

22/09/2014

Presentámosvos a nosa nova proposta, xa sabedes que a pesar de non seguir co local físico, continuamos a traballar nas editoras, e no servizo de autoedición. Así como en propostas tan interesantes como a que hoxe vos traemos.
Ophiusa: A terra dos mil ríos. É un xogo de cartas para tódalas idades.
Componse de 54 cartas que representan varios dos acontecementos máis destacados da sociedade, a cultura e a política galega. Aínda que non é preciso ningún tipo de coñecemento previo da historia para poder xogar.
Ophiusa, ademais de ser un entretido xogo de mesa, tamén desenrola unha importante labor didáctica, que axudará os xogadores a organizar cronoloxicamente os seus coñecementos da historia.
Moi pronto teredes noticias deste novo proxecto.

Ophiusa: A terra dos mil ríos. É un xogo de cartas para tódalas idades.

14/05/2014

Do autor de "O mundo secreto de Basilius Hoffman" chega esta novela finalista do premio Desnivel de literatura de montaña 2014. unha novela de viaxes, intriga e lazos familiares que transcorre entre os montes galegos e o afastado Nepal.

Novela finalista del premio Desnivel de literatura de montaña 2014. Escrita por el autor de la serie "El mundo secreto de Basilius Hoffman".

Dende o selo "O fogar das palabras" temos o pracer de anunciar a nosa primeira publicación, unha antoloxía de relatos da...
05/03/2014

Dende o selo "O fogar das palabras" temos o pracer de anunciar a nosa primeira publicación, unha antoloxía de relatos da man do escritor Natalio Gomez. Como nos di o propio autor: "Son historias situadas no fío da navalla, neses lugares da vida polos que temos que pasar en máis ou menos ocasións".
Se vos tamén queredes publicar podedes visitarnos en:
https://www.facebook.com/pages/Servizo-de-Auto-edici%C3%B3n/313197362153172?fref=ts

Ramón Blanco estivo con nós hai un tempo falando de poesía e do seu "Emily on the Road". Aquí tedes, grazas ao blog de R...
27/02/2014

Ramón Blanco estivo con nós hai un tempo falando de poesía e do seu "Emily on the Road".
Aquí tedes, grazas ao blog de Ramón Nicolás, unha minuciosa descrición da arte de escribir e algún dos seus orixinais.

Pasa hoxe por esta sección Ramón Blanco, que publicou hai pouco Vida e obra de Francisco Añón e mais o poemario Emily on the road.

Lectura imprescindíbel para coñecermos a Xosé María Díaz Castro.
21/02/2014

Lectura imprescindíbel para coñecermos a Xosé María Díaz Castro.

Un novo lugar na rede onde atopar información da nosa cultura e no noso idioma.
18/02/2014

Un novo lugar na rede onde atopar información da nosa cultura e no noso idioma.

O país dos libros en galego

17/02/2014

Mañá ás 20:00 teremos un achegamento a literatura que se fai nos países do norte de Europa da man do editor e tradutor Alejandro Tobar, que aproveitará para dar a coñecer un dos últimos títulos publicados por Hugin e Munin; "Mel de Abellón".
Velaquí unha reseña desta obra no blog de Manuel Rodríguez Alonso, Bouvard e Pécuchet.

Falar hoxe da novela sueca ou mesmo da novela dos países nórdicos leva axiña a pensar na novela negra ou policial e axiña nos veñen á memoria nomes como os de Stieg Larsson ou Henning Mankell. Mais esta novela de Lindgren, un dos grandes narradores suecos actuais, non se inclúe no eido da novela neg...

CONTACONTOS: Lembrade que mañá sábado 11 temos contacontos para nenos as 12:00, contaremos ca presencia de dúas narrador...
10/01/2014

CONTACONTOS: Lembrade que mañá sábado 11 temos contacontos para nenos as 12:00, contaremos ca presencia de dúas narradoras de luxo.

Xa está dispoñible o programa de onte, O Fogar Das Palabras sae a partires do minutos 20:15.
10/12/2013

Xa está dispoñible o programa de onte, O Fogar Das Palabras sae a partires do minutos 20:15.

O espazo cultural da Televisión de Galicia “ZigZag Diario” terá hoxe como convidada no seu estudio a novelista Anxos Sumai, gañadora do último premio literario García Barros, grazas á súa obra “A lúa da colleita”. Así, os espectadores poderán coñecer de primeira man todo o relativo a este libro, así...

09/12/2013

En breves minutos sairemos no Zig Zag na TVG2.

Dirección

Santiago De Compostela
15704

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Martes 09:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Sábado 09:00 - 13:30
17:00 - 21:00

Teléfono

+34981577569

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O Fogar Das Palabras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a O Fogar Das Palabras:

Compartir

Categoría