NUMAX Un cinema, unha libraría e un laboratorio de vídeo, gráfica e comunicación no centro de Compostela.
(361)

Un cinema, unha libraría e un laboratorio de vídeo, deseño e comunicación. Somos unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoas procedentes de diversos ámbitos da creación e difusión cultural que decidimos colaborar para facermos xuntos o que estamos afeitos a facer por separado.

16/05/2026

👯‍♀️ Unha das grandes citas desta fin de semana é coa eslovena A MOZA DO CORO, un coming-of-age cheo da luz, a rebeldía e as ganas de vivir que son propias da adolescencia.

🎤 Para acompañar o pase de hoxe, sábado 16 ás 20:00h, contaremos coa presenza da cineasta Anxos Fazáns ("As liñas descontinuas").

🥹🎨 Regresar ao universo Miyazaki e facelo en pantalla grande é sempre un goce para os sentidos. O CASTELO NO CEO é unha ...
15/05/2026

🥹🎨 Regresar ao universo Miyazaki e facelo en pantalla grande é sempre un goce para os sentidos. O CASTELO NO CEO é unha das súas primeiras grandes obras, debuxada artesanalmente a man polo extraordinario equipo artístico do Studio Ghibli. Unha aventura para todas as idades que podedes ver en versión dobrada (VE) e en versión orixinal subtitulada (VOSE).

📅 Datas e sesións:
Venres 15 -17:25 (VOSE)
Sábado 16 - 12:00 (VE) / 17:35 (VOSE)
Domingo 17 - 15:45 (VE)
Luns 18 - 21:30 (VOSE)
Martes 19 - 21:55 (VOSE)
Mércores 20 - 16:00 (VOSE)
Xoves 21 - 21:35 (VOSE)

🌟Carteleira renovada🌟👯‍♀️ A MOZA DO CORO (  )A luminosa ópera prima da eslovena Urška Djukić ten como protagonista á int...
14/05/2026

🌟Carteleira renovada🌟

👯‍♀️ A MOZA DO CORO ( )
A luminosa ópera prima da eslovena Urška Djukić ten como protagonista á introvertida Lucija que, aos 16 anos, entra nun coro de mozas que mudará a súa vida para sempre. Un filme «absolutamente libre que derruba todos os tabúes» (Caimán).

🚀 O CASTELO NO CEO ( )
Hayao Miyazaki regresa á nosa pantalla cunha das súas primeiras obras mestras na que o autor presenta a súa admiración pola aviación e a obsesión humana por acadar o ceo. A película terá pases dobrados (VE) e en versión orixinal subtitulada (VOSE).

🎸 IRON MAIDEN. BURNING AMBITION ( )
Documental que percorre os 50 anos de historia da mítica banda, desde os seus primeiros bolos nos pubs do East End londinense até encher os maiores estadios do mundo.

➕ Outras citas da semana que entra:
🏖️ Luns 18: THE POWER OF KANGWON PROVINCE (Hong Sangsoo), coa presenza de Ángel Santos
🌒 Martes 19: FAUSTO (F. W. Murnau), no ciclo Cinema + 100
🀄 Mércores 20: RESURRECTION (Bi Gan)
✊ Xoves 21: LOS SUEÑOS QUE COMPARTIMOS (Valentina Leduc) coa presenza da directora.

⚠️ Informámosvos que até novo aviso queda suspendido o Programa Cine Sénior que permitía ao público maior de 65 anos acc...
12/05/2026

⚠️ Informámosvos que até novo aviso queda suspendido o Programa Cine Sénior que permitía ao público maior de 65 anos acceder os martes á nosa sala por só 2€, grazas ao apoio do Ministerio de Cultura e Deporte.

🙌 O motivo é que xa se esgotaron os fondos para NUMAX desta actividade que agardamos que estea de volta connosco axiña. Mentres tanto agardámosvos en NUMAX coas nosas tarifas habituais.

🥋 KILL BILL: THE WHOLE BLOODY AFFAIR chega a NUMAX ⚔️Esta fin de semana tedes unha cita dobre moi especial con "Kill Bil...
06/04/2026

🥋 KILL BILL: THE WHOLE BLOODY AFFAIR chega a NUMAX ⚔️

Esta fin de semana tedes unha cita dobre moi especial con "Kill Bill", na súa definitiva versión tal e como foi concibida por Quentin Tarantino. A nova edición xunta as versións 1 e 2 estreadas orixinalmente, agora sen cortes nin censuras e co engado de material inédito nunca antes mostrado en cines.

A saga de vinganzas definitiva do cinema contemporáneo chega ás salas con toda a súa forza orixinal e unha duración total que sobrepasa as 4h30min, incluíndo 15 minutos de descanso no medio ao xeito dos interludios das grandes sagas do cinema clásico.

📅 Debido á súa longa duración o filme terá dous únicos pases en NUMAX, o venres 10 ás 18h30 e o sábado 11 ás 16h20. Entradas xa é venda!

💙🏘️ “Tiña o desexo de atravesar os escaparates dos negocios da miña rúa, estar dentro cos artesáns e os dependentes, na ...
22/08/2025

💙🏘️ “Tiña o desexo de atravesar os escaparates dos negocios da miña rúa, estar dentro cos artesáns e os dependentes, na lentitude e paciencia do seu traballo, nas súas horas de espera e na espera da súa clientela, no seu tempo de inactividade e nos seus momentos baleiros, nese misterio das interaccións cotiás. Non elixín os negocios máis pintorescos da rúa Daguerre. Non, só os meus propios comerciantes, aqueles que vexo todos os días, aqueles situados a menos de 50 metros da miña porta.”

✊ Este ano co cinema ao aire libre reivindicamos a vida dos barrios!

💌 Aproveitamos a ocasión para copiarlle a Agnès Varda os seus retratos da rúa Daguerre e facer os nosos retratos da rúa Concepción Arenal. Desta vez, a nosa rúa é localización e tamén protagonista.

📸 Mil grazas ás nosas veciñas por prestarse a facerlles as fotos. Nas imaxes aparecen Zoolandia, Cafetería A Fonte Santiago, O Costureiro de María José, Sala Capitol, Flaco, Salón Beauty Mujer Victoriosa e Capitol Hotel Boutique.

📻🌙 A próxima semana volvemos sacar o cinema á rúa dentro do Festival C! 🥖 O martes 26 ás 21:45 proxectamos DAGUERROTIPOS...
22/08/2025

📻🌙 A próxima semana volvemos sacar o cinema á rúa dentro do Festival C!

🥖 O martes 26 ás 21:45 proxectamos DAGUERROTIPOS, na que Agnès Varda fai unha homenaxe ao cotiá filmando os comercios dos seus veciños na rúa Daguerre en París.

🍕O mércores 27 ás 21:45 é a quenda de FAI O QUE DEBAS, obra mestra de Spike Lee na que retrata as tensións raciais nun barrio de Brooklyn.

🌃 Esta actividade forma parte do Festival C, organizado polo Concello de Santiago e a Deputación da Coruña. As proxeccións son de acceso libre e gratuíto no treito final da rúa Concepción Arenal.

🌧️ En caso de chuvia terán lugar na Casa das Máquinas da rúa Galeras. Informaremos puntualmente no boletín e nas nosas redes sociais.

🗓️🍭 Programación renovada do 22 ao 28 de agosto!🏢 LA COMUNIDAD. Un española actual que conta cun elenco excepcional —Car...
21/08/2025

🗓️🍭 Programación renovada do 22 ao 28 de agosto!

🏢 LA COMUNIDAD. Un española actual que conta cun elenco excepcional —Carmen Maura, Emilio Gutiérrez Caba, Sancho Gracia, Terele Pávez— celebra o seu 25 aniversario. A estrea do filme en NUMAX contará cun exclusivo coloquio en liña con Álex de la Iglesia tras o pase de hoxe, xoves 21, ás 20:00h.

💕 MATERIALISTAS. O triángulo amoroso entre unha casamenteira (Dakota Johnson), o aparente home ideal (Pedro Pascal) e un exmozo que vive na precariedade (Chris Evans), permite a Celine Song (Vidas pasadas) asinar un «drama romántico, social, mordaz e serio, cheo de observacións reveladoras sobre a forma en que vivimos» (Variety).

🐈 HEIDI. O RESCATE DO LINCE. Heidi e Pedro axudan a un lince ferido a sandar e regresar ao seu hábitat natural. O filme proxectarase en versión dobrada ao español e terá pases durante toda a semana en NUMAX. Tamén en celebraremos dous pases extra de Ponyo no acantilado na súa versión dobrada ao galego.

🎟️ + info na billeteira e en numax.org

Dirección

Concepción Arenal, 9
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 14:00
16:00 - 20:30
Martes 16:00 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 20:30
Jueves 10:00 - 22:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 22:30
Sábado 11:00 - 14:00
16:00 - 22:30
Domingo 16:00 - 22:30

Teléfono

+34981560250

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando NUMAX publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a NUMAX:

Atajos

Compartir

Categoría