ECOS, Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda

ECOS, Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda: ECOS
"O teu comercio, a túa xente".

Sorteos correspontentes ós dias 6,7,8 e 9Noraboa ós gañadores!!
10/12/2025

Sorteos correspontentes ós dias 6,7,8 e 9
Noraboa ós gañadores!!

Aquí tendes o cartel de nadal deste ano 2025. Xa estamos dando premios co calendario de advento. En directo todos os día...
04/12/2025

Aquí tendes o cartel de nadal deste ano 2025. Xa estamos dando premios co calendario de advento. En directo todos os días a partir das 20:30h.
Moita sorte a tod@s!!

ENTRE ABRIL E MAIO ECOS RACHA O SAIO!📢📢Temos campaña nova do 25 de abril ao 18 de maio 📢📢📢Por cada compra nos establecem...
24/04/2025

ENTRE ABRIL E MAIO ECOS RACHA O SAIO!
📢📢Temos campaña nova do 25 de abril ao 18 de maio 📢📢📢

Por cada compra nos establecementos socios, (importe mínimo de 10€) o cliente recibirá unha rifa que debe cubrir co seu nome e teléfono de contacto e depositala na urna habilitada en cada establecemento para esta campaña.

O sorteo terá lugar o xoves 22 de maio as 20:30h en directo dende o perfil de instagram de ECOS.
Os agasallos para os gañadores van constar de fantásticos lotes de productos mercados no comercio de ECOS e non son acumulativos.

Nesta campaña tamén queremos premiar directamente (e non so mediante o sorteo) a fidelidade dos nosos clientes facendo así participe a hostalaría polo que imos ter 3 xoves de cañas para animar as rúas nas tardes dos xoves, porque xa sabes iso de que 🍻🍺🥂.

E de que vai iso que temos en chamar CAÑECOS?
Pois se es fiel ao comercio local os xoves 1, 8 e 15 de maio pola tarde ECOS convídate a unha caña ou un refresco na nosa hostalaría.
Os establecementos ECOS contarán con vales por unha caña ou un refresco para agasallar á súa clientela máis fiel. Estes vales poderánse canxear no Maripepa, Debibian, Café Ina, O Refuxio, Acarigua, Avenida e Recanto, Toneles, Tapería Pipo's e Bodegón de Esther. O número de vales por establecemento socio de ECOS é limitado e en cada establecemento de hostalaría so se poderán canxear os vales que leven o seu selo correspondente.

E ti? Xa sabes onde vas tomar a primeira caña?
Vémonos nos bares! 🍻🍺

📢TEMOS CAMPAÑA NOVA!! 🎉Para animar e premiar ás compras típicas polo Dia do Pai e as de estrea da primavera vimos de art...
12/03/2025

📢TEMOS CAMPAÑA NOVA!! 🎉

Para animar e premiar ás compras típicas polo Dia do Pai e as de estrea da primavera vimos de artellar unha campaña de promoción do pequeno comercio asociado do 13 ao 31 de marzo.

Como participar? So tes que gardar os tickets de compra de calquera establecemento ECOS e cando teñas un mínimo de 50€ en compras (pode ser cun so ticket ou a suma de varios, dun só establecemento ou de varios) podes participar deixando os mesmos nun sobre co teu nome nos establecementos ECOS. O importe dos tiquets que irá no sobre é a cantidade que cada xogador "aposta".

O sorteo será o 3 de abril e nel haberá duas urnas:

1. Todos os sobres cos tiquets dentro irán a unha urna.

2. Noutra urna introduciranse tres sobres coas seguintes opcións: 
-multiplica por 2,
-multiplica por 5 e
-multiplica por 10,
e outros tres sobres coas opcións:
-suma 100€,
-suma 150€ e
-suma 200€.

Á hora de sacar os premios collerase un sobre de cada unha das urnas, co que o sobre
premiado pode, ben sumar ou ben multiplicar, dependendo do que saia da segunda urna.

Para cada un dos tres premios hai un máximo:

PREMIOS:
1º PREMIO: O importe total dos tiquets do sobre da primeira urna pode sumar ou multiplicar polo importe que saia no sobre da segunda urna ata un máximo de 1000€. O premio será un vale ECOS para gastar no comercio asociado ECOS.

2º PREMIO: Pode sumar ou multiplicar ata un máximo de 500€

3º PREMIO: Pode sumar ou multiplicar ata un máximo de 300€

E todo isto por que? Porque "Mercar en Silleda suma e multiplica!" 💁🏼🙌🏽🎉

Y aquí tenemos a los ganadores de este año.Enhorabuena a los afortunados y muchas gracias a todos  por participar .
06/03/2025

Y aquí tenemos a los ganadores de este año.
Enhorabuena a los afortunados y muchas gracias a todos por participar .

05/03/2025

Dirección

Silleda

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ECOS, Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a ECOS, Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda:

Atajos

Compartir

ECOS, onde hai comercio, hai vida

#ECOS é a asociación de empresarios e comerciantes de Silleda que ten, como finalidade, o desenvolvemento e promoción do comercio local.