28/10/2026
Semana de encontros internacionais 🌱🌍
A semana pasada, os nosos compañeiros Luis e Mónica estiveron en dúas importantes feiras internacionais do noso sector:
🍎 Fruit Attraction (Madrid): un punto de encontro internacional para o sector hortofrutícola, onde compartimos experiencias co noso provedor de referencia, Mirat Bioscience. Grazas pola acollida! 🤝
🌸 Iberflora (Valencia): unha cita clave para coñecer as novidades e tendencias en planta ornamental, xardinaría e paisaxismo 🧑🌾
Grandes oportunidades para seguir aprendendo e achegando as últimas tendencias e solucións aos nosos clientes 😊🔝