20/09/2021
🤩🔉 O Concello de Nigrán ofrecerá o vindeiro venres 24 de setembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a charla do surfista 🏄🏆 Aitor Francesena ‘Gallo’, actual campión nacional e internacional de Surf Adaptado na categoría para invidentes e quen tratará de revalidar estes títulos en Patos, praia que coñece pero onde todavía non surfeou. Así, o coloquio encádrase nos campionatos de surf adaptado (Galego, Nacional e Internacional) que de xeito pioneiro en España se levarán a cabo a vindeira fin de semana neste areal con 50 deportistas con diversidade. Aitor ‘Gallo’ Francesena (Zarautz, 1970) é un pioneiro en moitos sentidos no mundo do surf: por ter aberto a primeira escola de surf do país en 1988 e ser o primeiro adestrador neste deporte tamén a nivel estatal (foi tamén seleccionador nacional) cando todavía conservaba a vista nun dos seus ollos, e depois, nunha segunda etapa da súa vida xa completamente cego, por acadar o campionato nacional, internacional e mundial de surf adaptado na categoría invidente.