11/06/2026
Quen non leu nunca un libro de Fina Casalderrey? 🤔📚
Seguro que na escola, no instituto ou na casa todos tivemos algunha vez unha das súas historias entre as mans. E é que Fina non é só unha escritora; ela sementou o amor pola lectura en xeracións enteiras de galegos. 😍
Por iso, ter a sorte de recibila na nosa caseta fainos unha ilusión tremenda. Ademais, vén con novidades baixo o brazo: a súa nova colección "Tana a invisible", que estamos desexando que descubrades.
📅 Mañá, venres 12 de xuño
🕒 De 18:30 a 21:00
📍 Caseta de Librería Vidal - Parque Miguel Hernández
Se vos apetece falar un ratiño con ela, darlle as grazas por tantas historias ou levar os vosos libros asinados, ¡pasade a vernos! Nós xa o temos todo listo. ✨